21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / A ALCALDESA E O TENENTE DE ALCALDE TERÁN

2010

A ALCALDESA E O TENENTE DE ALCALDE TERÁN QUE DEVOLVER PARTE DO COBRADO SALARIALMENTE NOS ULTIMOS MESES

COBRABAN INDEBIDAMENTE MÁIS CANTIDADE DA QUE LLE CORRESPONDÍA

 

26/07/2010

 

Unha vez analizada a documentación para aprobación no próximo pleno, e en concreto o punto “modificación das asignacións de retribucións a cargos electivos locais con dedicacións exclusivas” os socialistas denuncian que  Rey e Presas “estiveron recibindo indebidamente unhas cantidades que non lles correspondían e que agora os servicios municipales lles obrigan a devolver”.

Din que o goberno pretende agora ocultar este feito, xustificando que foron os funcionarios os que cometeron un erro, e presentándose eles como “os inxenuos que non sabían nada do que acontecía”

Pero o que semella  impensable é que “dúas personas estiveran cobrando mais do que lles correspondían e que non se enteraran”, e por iso agora “pretenden disfrazalo con rebaixas pola crisis e reparto de salarios cos compañeiros, para que pase desapercibido”.

No pleno de investidura acordaron que iban a cobrar  42.000 € e 28.000 € o ano, cando en realidad o que fixeron foi cobrar mes a mes un salario que correspondía a 45.000 e 30.000 € mes a mes “é decir, subíronse irregularmente o seu salario nun 7.00%, curiosamente, xusto o que pretendían baixarse agora”.

Para os socialistas, é evidente que unha vez que os servicios municipais detectan esta situación, Rey e Presas, para evitar este escándalo, di na documentación plenaria que foi  un erro dos funcionarios e que van a devolver os cartos, “alegando  que non se enteraran que cobraran de mais”

Pero o certo é, que agora, coa  proposta que levan o pleno, queren facernos creer que se van a rebaixar o salario nun 14% cando realmente o que estaban facendo era cobrando un 7% mais do que lle correspondía “enganando outra vez a  cidadanía”

De igual forma tentan enganarnos a todos, cando argumentan que o reparto salarial entre a Alcaldesa e Concha non suporá un aumento de gasto para as arcas municipais  “cando si van a ter que pagar mais a Seguridade Social”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera