Na comisión especial celebrada esta mañá no consistorio silledense o goberno tivo que recoñecer que tal e como dicían os socialistas a cesión de parte do salario da Alcaldesa á Concelleira de Servizos Sociais supoñía un gasto engadido de Seguridade Social
Os socialistas solicitaron que intervención fixera os cálculos de dito incremento, cos que se comprobou que o goberno mentía cando dicían “que o reparto salarial non suporía incremento para as arcas municipais”
Tanto o PSdG como o BNG emitiron un voto particular de que se cambiara a proposta de alcaldía rebaixando na mesma cantidade de incremento o salario bruto da alcaldesa
Sorprendentemente ó verse descuberto, o goberno, pretendía presentar unha enmenda a súa proposta, para evitar de novo o escarnio. Foi o Concelleiro Javier Cuiña o que dixo que “o salario da alcaldesa se baixaba sen problemas “ e que el ía presentar un voto particular no mesmo sentido, antes de que a primeira edil se pronunciase.
A partir de aí os nervios da alcaldesa, puxeron en evidencia o seu mal talante ó tentar calar á portavoz socialista con berros. Cando esta lle pediu unha desculpa, os berros trocaron en insultos obrigando ó grupo municipal socialista a abandonar a sala por dignidade, “e de vergoña que a Alcaldesa non saiba respectar ós representantes do pobo, e que intente cubrir as súas limitacións, con soberbia e mala educación”.
Ademais deste punto leváronse á comisión a modificación das retribucións, recoñecendo a alcaldesa que tanto ela como o Concelleiro de obras van devolver os cartos cobrados indebidamente na próxima nómina, tentando de novo a primeira edil xustificar o inxustificable “que estaba cobrando mais do que lle correspondía”