21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DENUNCIA O

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DENUNCIA O ESCURANTISMO DO GOBERNO

TODAS AS XUNTAS DE GOBERNO A DOS MESES DE MAIO E XUÑO FORON EXTRAORDINARIAS. SOMENTES LLES ENTREGARON AS ACTAS DAS XUNTAS DE GOBERNO LOCAL ATA O MES DE XUÑO E NELAS NON APARECE NIN UN SO ESCRITO DOS VECIÑOS

 

27/07/2010

 

O escurantismo do concello e a falla de transparencia  evidenciase unha vez mais nas actas da Xunta de Goberno Local remitidas á oposición nas que non se recollen nin un so escrito, denuncia ou petición dos veciños deste concello “sen eles non podemos saber si o Goberno está cumprindo as súas obrigas e solventando os problemas dos nosos veciños”.
Aínda recordan as acusación de falla de transparencia do executivo socialista “cando nós levabamos á Xunta de Goberno ata as peticións máis sinxelas para que a  oposición tivera toda a información” e agora o único que levan a pleno son os actos que non poden estar delegados na Alcaldía, como as contratacións. “iso si, a alcaldesa tapa ben as súas costas levando tamén as decisións urbanísticas á Xunta de Goberno responsabilizando así ó resto dos membros do Goberno das súas accións”
Ademais, que todas as sesións celebradas nos meses de Maio e Xuño foran extraordinarias evidencia que soamente “se reúne o goberno cando é necesario porque precisase acordo da Xunta e non de alcaldía”
Esixirá unha explicación de porque non se cumpre o mandato plenario de celebrar unha xunta semanal en hora e día concreto, xa que é evidente que nun concello debe haber temas para tratar tódolos días “a non ser que o goberno so se xunte cando non queda mais remedio”

Lamenta que ademais da ausencia evidente da alcaldesa de todas as actas nas que se fixeron efectivas as contratación do Plan E , aluden a “deixadez de función do edil de medio rural que de sete sesións faltou a tres, cando é a súa obriga acudir”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera