O Partido Socialista de Silleda denuncia que a antiga Casa do Caminero e o seu entorno en O Castro presenta un estado de total abandono “que pon de manifesto a deixadez do goberno con respeto á limpeza e protección do noso patrimonio”
Para o grupo municipal esta situación deixa as claras a desidia que hai no Goberno en temas de organización e xestión de recursos. “é lamentable presenciar o estado do centro social que pouco a pouco vaise ocultando detrás da maleza que o rodea”.
O estado do inmoble, ateigado de vexetación, que incluso dificulta o seu acceso, así como as contra ventás rotas e desvencelladas e “o peor dos exemplos de cómo se debe de coidar o patrimonio de tódolos silledenses” e recordan que o ano pasado nese centro celebráronse con éxito iniciativas medioambientais e que estaba a pleno rendemento, “de feito logrouse a catalogación das súas aulas para impartir nelas cursos de formación para desempregados”
A aposta do goberno socialista por este inmoble era absoluta xa que antes da moción de censura, prepararon un proxecto que fora presentado aos veciños e remitido á deputación dentro do plan anticrise, para acondicionar as canchas exteriores “e poñer en valor un dos mellores inmobles que temos no noso concello”, lamentablemente a día de hoxe, nada se sabe da contratación de dita obra, “ e o peor de todo é, que os veciños non poden usalo, pola deixadez municipal e a súa falla evidente de interés porque se inicien as obras do plan anticrise”
O grupo municipal pídelle ó goberno para que leve a cabo como mínimo tarefas de limpeza do exterior do centro canto antes, e que inste á Deputación de Pontevedra para que faga de xeito inmediato a contratación do proxecto presentado polo anterior goberno no que está incluída a mellora deste inmoble.