21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / REY IMPÍDELLE O ACCESO A INFORMACIÓN QUE

2010

REY IMPÍDELLE O ACCESO A INFORMACIÓN QUE VAI Ó PLENO A PAULA FERNANDEZ

29/07/2010

 

Esta mañá a portavoz socialista presentouse no concello para  ver varias das facturas que van a ir ao pleno, asi como o reparo feito pola interventora a unha tranferencia de crédito, e “a alcaldesa negoulle o acceso a información”.

A portavoz achegouse a primeira hora da mañá ao Concello para pedir a documentación, e quedou cos funcionarios,  de pasar de novo a ultima hora para poder recollela “ como fixemos en todos e cada un dos plenos anteriores”

Cando voltaba para poder revisala os funcionarios “dixéronlle que alcaldesa preguntara que era o que quería e cando lle contestaran que viña a revisar facturas deulles a orden expresa de non deixarme ver nada, e que si quería algo que o pedira por escrito”  cando sabe que esa documentación a precisamos para “facer a nosa labor de oposición mañá no pleno”

Paula Fernández, di que con esta manobra a alcaldesa o único que quere conseguir é que non “sepamos nunca por que se gastaron mais de 10.000 euros nunha ferretería ou porque teñen que andar modificando un orzamento que aprobaron fai dous meses”.

Para a portavoz, actitudes como esta deixan en evidencia que “este goberno ten moito que ocultar” e lamenta que a alcaldesa presuma de ter un goberno transparente, cando o certo é que “o seu maior traballo e tapar e ocultar como sexa as suas ineptitudes, trapalladas e mentiras, e se para eso é necesario retirarlle os dereitos aos membros da oposición, pois se lle retiran e xa está”

Pedirán explicacións no pleno e exixirá responsabilidades “por coartar o noso dereito a información. Se non teñen nada que ocultar, porque non o fan?”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera