8 de decembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 29-07-2010 / MOCIÓN PARA MELLORAR A RECEPCIÓN DO SINA

PLENO 29-07-2010

MOCIÓN PARA MELLORAR A RECEPCIÓN DO SINAL DA TDT NALGUNHAS PARROQUIAS.

É A SEGUNDA VEZ QUE SE PRESENTA XA QUE OS VECIÑOS SEGUEN A TER DIFU¡ICULTADES PARA RECIBIR O SINAL DA TDT, E É A SEGUNDA VEZ QUE O GOBERNO VOTA EN CONTRA DA SÚA URXENCIA.

 

30/07/2010

 

AO PLENO DO CONCELLO DE SILLEDA

            Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda, presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do concello a seguinte

MOCIÓN:

Logo de varios meses coa TDT implantada no noso concello, seguimos a recibir  queixas veciñais sobre o pésimo funcionamento da TDT nalgunhas das parroquias do noso Concello.

Logo de que a única solución que se aportou dende a XUnta e o Goberno local para este problema foi que  todos os afectados  tiñan que comprar unha antena parabólica para recibir o sinal via satélite para cada casa e así xa solucionarían o problema, co conseguinte coste para os veciños que según nos informan poderían chegar a superar os 400 €.

Visto ademáis que esta solución xenera ademais outros gastos como a compra de aparello electrónico que permitan cambiar de canle independentemente en cada  televisión no caso de que existan varias  na misma vivenda.

Visto que o Goberno prometeu unha axuda económica as familias afectadas da que a día de hoxe nada se sabe mentras que os problemas continúan.          

Visto que en algunha de estas zonas se podía solventar a problemática coa instalación dun encheocos o cal podería ser financiado integramente pola Xunta de Galicia, de xeito que se evitara gastos para os veciños.

Visto que é deber de este concello velar por que todos os seus cidadáns teñan os mesmos dereitos garantidos vivan onde vivan.

Por todo elo, presentamos a seguinte moción para o seu debate no pleno

           

Instamos a Xunta de Galicia a que  analice a posibilidade de instalar os encheocos que sexan necesarios para garantir unha cobertura igualitaria para todos os veciños do noso concello

Instar a Xunta de Galicia que de proseguir coa súa idea de instalar en cada vivienda unha antena parabólica se faga con cargo dos gastos do veciños

Instar a Sra Alcaldesa, se a Xunta de Galicia no atenda a nosas peticións sexa o Concello o que se gfaga cargo de estos gastos con  fondos propios ou ben solicitando axudas a outras institucións.

                                                                                  Silleda, 28 de Julio  de 2010

                                                                                  Asdo. Paula Fernández Pena

ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera