8 de decembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 29-07-2010 / MOCIÓN MUNICIPAL DO PARTIDO SOCIALISTA D

PLENO 29-07-2010

MOCIÓN MUNICIPAL DO PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA PSdeG-PSOE POLA MELLORA DA SINALIZACION DA PO-205

É A SEGUNDA VEZ QUE PRESENTAMOS ESTA MOCIÓN, E SEGUNDA VEZ QUE VEMOS COMO´É REXEITADA NO PLENO. ESTÁ CLARO QUE Ó GOBERNO SILLEDENSE NON LLE INTERESAN OS VECIÑOS DE PONTE.

 

30/07/2010

 

AO PLENO DO CONCELLO DE SILLEDA

            Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda, presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do concello a seguinte

MOCIÓN MUNICIPAL DO PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA PSdeG-PSOE POLA MELLORA DA SINALIZACION DA PO-205

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 5 de outubro o goberno socialista remiteu a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas un informe no que se recollían unha serie de solicitudes de modificación da actual sinalización da estrada PO-205 Silleda-Vila de Cruces, na que recentemente a Xunta de Galicia acometeu un traballo de rehabilitación reforzando o firme e repintando a sinalización.

Daquelas o goberno socialista e os veciños da parroquia de Ponte  observaron que este repintado introduciu modificacións na circulación por esta vía. Tras manter contactos cos veciños, consensuarase a solicitude dunha serie de modificacións, que lle foron remitidas ao Servizo Provincial de Infraestruturas para que foran solventadas.

Cabe recordar que en  concreto se solicitaba  a recuperación de dous cruces, que permitían facer xiros e cambios de sentido, ademais da recuperación á situación anterior de cinco puntos, de acceso a vivendas e fincas. Tamén se solicitaba reeestudiar o cruce co Centro Social, xa que a situación actual dificulta o tránsito aos vehículos agrícolas.

O mesmo acontecía coa liña discontínua entre a ponte da vía do tren e a ponte do río, que está marcada con liña contínua, ademais de solicitar liñas discontínuas nas entradas de tres pistas de servizo.

Finalmente, o informe incluía unha solicitude de estudio para a construcción dunha zona de xiro antes da ponte do río para permitir un cambio de sentido sen necesidade de construir unha rotonda. Esta zona de xiro, ademais, facilitaría o acceso dos vehículos cara a unha pista municipal existente en dirección a Saidres.

A vista de que na súa visita o Delegado territorial cuestionou algunha de estas solución e incluso chegou a decir que a rotonda proposta no límite do concello de Vila de cruces non podería facerse o ser necesaria unha expropiación, cando o certo é que se poderia construírse nos terrenos de afección da propia carretera.

Visto que nove meses despois seguimos sen ningún tipo de resposta oficial sobre esta problemática.


Polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Silleda presenta ante o Pleno Municipal a seguinte Moción, para que se adopten os seguintes acordos:

Instar a Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para que resolva TODAS E CADA UNHA das peticións dos veciños recollidos no informe consensuado con eles e remitido o pasado 5 de Outubro de 2.009, no que se solicitaban varias modificacións na sinalización horizontal da PO-205.

Silleda, 28 de Julio  de 2010

                                                                                  Asdo. Paula Fernández Pena

ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera