8 de decembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 29-07-2010 / MOCIÓN: ÚLTIMA FASE DA AMPLIACIÓN DO CEN

PLENO 29-07-2010

MOCIÓN: ÚLTIMA FASE DA AMPLIACIÓN DO CENTRO VISTA ALEGRE DA BANDEIRA

LAMENTAMOS QUE O GOBERNO VOTARA EN CONTRA DESTA MOCIÓN XA QUE A CONSIDERAMOS UNHA INFRAESTRUCTURA MOI IMPORTANTE PARA BANDEIRA.

 

30/07/2010

 

AO PLENO DO CONCELLO DE SILLEDA

            Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda, presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do concello a seguinte

MOCIÓN:

Logo de que pola Dirección Xeral  de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia se houbera financiado as dúas primeiras fases da Ampliación do Centro visto Alegre por importe de 120.000 euros cada unha de elas.

Unha vez logrado o compromiso de dita dirección xeral para a finalización do inmoble no ano 2.009, que non se fixo efectivo polo cambio de goberno autonómico

Visto que por parte do goberno autonómico actual se mostrou en varias ocasións a intención de acometer as obras para rematar este inmoble, pero que a día de hoxe non existe ningún  tipo de compromiso firme

Vista a necesidade real que teñen os veciños de Bandeira para utilizar este centro é que a súa finalización debería ser para a consellería de Cultura unha prioridade, xa non só social, se non tamén economica, xa que non semella lóxico non rematar unha inversión xa iniciada con cartos públicos.

Por todo elo, presentamos a seguinte moción para o seu debate no pleno

           

Instamos a Xunta de Galicia, e en concreto a Consellería de Cultura, para que se faga cargo do coste económico  da última fase da ampliación de Centro Vista Alegre da Bandeira

                                                                                  Silleda, 28 de Julio  de 2010

                                                                                  Asdo. Paula Fernández Pena

ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera