21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DO PSdG PSO

2010

O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DO PSdG PSOE, CALIFICA DE PREVISIBLE O PLENO DO XOVES

PIDELLE Ó PP QUE CLARIFIQUE A SÚA LIÑA DE TRABALLO

 

31/07/2010

 

O secretario de organización Manuel Cuiña califica de previsible o pleno do pasado Xoves “púxose de manifesto cómo por fin despois de tres anos buscándoo, Javier Cuiña conseguiu o que quería, que non era outra cousa que ser el o que levase as rendas do Concello”.

Manuel Cuiña di que ata agora mantiñamos a tese de que Javier Cuiña  quería ser o alcalde na sombra, pero “ á vista do acontecido no pleno, quedou claro que ademais de exercer, gústalle que se note que é el quen manda”, mentres vemos que a alcaldesa só se dedica a ler e dar e quitar os turnos de palabra. “Por certo, tendo en conta o que cobra serán as lecturas mellor pagadas de todo o estado español”.

Para o edil quedou demostrado que é Javier o que en todo momento toma as decisións e a palabra para contestar, deixando en evidencia as limitacións da alcaldesa e incluso as súas propias  xa que as súas respostas foron mínimas e torpes “como dicir que  non había convenio para a retirada de vehículos pero que tiñamos que confiar na boa vontade da deputación” iso si, deixou a gran maioría para contestalas por escrito, porque non tiña nin idea “de por onde saír” todo o contrario do que facía o anterior goberno, que daba cumprida resposta á maioría das cuestións no momento de serlles presentadas.

Di tamén que “por desgraza, onte foi un día alegre para este señor, que veu colmadas as súas ansias de poder, e un día triste para a historia do noso pobo”.

Sobre o desenvolvemento do pleno en si, nada novo. A oposición presentando propostas de interese xeral para os cidadáns do Concello, e o goberno pasando o rodillo unha tras outra, sen tan sequera entrar a valorar o seu contido.

O edil engade que, ademais disto, e xa cando case todos os presentes dabamos por terminado o pleno, descubrimos con estupor que faltaba a guinda a cargo da nova concelleira Carmen Fernández .

Recorda a toma de posesión do Señor Manuel Mato, pedindo desculpas anticipadas por se no descorrer  da súa actividade como concelleiro nalgún momento alguén se puidese sentir ofendido e desexando que dita actividade non impedise seguir mantendo unha boa relación persoal con cada un dos concelleiros de calquera dos grupos, “desexo que por sorte puido ver cumprido, e a vista do acontecido quedou claro que “a humildade, o saber estar, a honradez de Mato, deu paso á soberbia, á prepotencia, e sobre todo, á máis absoluta ignorancia de Carmen Fernández”

Para Manuel Cuiña, “esta incorporación  ben incrementar, se cabe aínda máis, o nivel de ignorancia que ten este goberno”. Para o edil quedou en evidencia o descoñecemento sobre o funcionamento plenario, e dille que “antes de sentarse nesa sala, onde está representando  a unha parte dos cidadáns, debería informarse un pouco; non sabe onde ten que sentarse, non sabe o tratamento que deben recibir os concelleiros, non sabe en que punto do orde do día estamos, confunde unha pregunta cunha crítica.... “

Ademais a súa actitude deixou en evidencia a integración do partido popular “con este goberno de tránsfugas” e por elo reclámalle o Secretario Comarcal José Crespo, de novo, unha comparecencia pública para explicar de unha vez por todas “a convivencia do PP con esta moción de censura de censura, e que foron el e Louzán os que a propiciaron e os que agora alentan e apoian a este goberno”

Ao secretario local  Pena Fernández, pídelle que explique se o PP silledense  está de acordo co que fixo no pleno Carmen Fernández, e se esta vai a ser a liña de traballo do seu grupo político “apoiar a un goberno de tránsfugas dirixidos por Javier Cuiña”· 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera