O GOBERNO DE SILLEDA NÉGALLE DE NOVO O ACCESO A INFORMACIÓN AO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
4 de agosto de 2010.- A portavoz socialista pideu por escrito o pasado día 30 a documentación referida ao pleno do mes de xullo, para a que lle negaran o acceso “se non o requería por escrito”,e agora contéstalle a alcaldesa que a pesares de que según o art 77 da LBRL, todos os concelleiros teñen dereito a recibir do alcalde todos os datos ou informes que resulten necesarios para exercer o seu traballo como oposición que (textual dos escritos recibidos) “o exercicio de este dereito non pode convertirse en un abuso do mesmo xa que o límite de este dereito está na posible paralización da actividade administrativa que se produciría se os servizos municipales atendesen a todas e cada unha das solicitudes presentadas por vostede”.
Para a portavoz socialista “é inaudito que Ofelia agora se adique a poñer límites a algo regulado por ley”. Di a socialista que “esta actitud deixa en evidencia todo o que ten que esconder este goberno” e que chegará o fondo do asunto “e xa analizou esta maña cos servicios xurídicos do partido a posibilidade de presentar un recurso contencioso administrativo, sen descartar acudir o valedor do pobo”
Entre as peticións que fixo a socialista estaba acceder o proxecto do obradoiro de emprego “unha suposta petición de inversión de mais de 600.000 euros da que non temos ningun tipo de información e por non saber non sabemos nin donde se van a facer as obras”.
Tampouco nos deixan acceder ao proxecto de mellora de accesos as explotación vitivinícolas de Silleda “quizais porque non exista ningunha explotación vitivinicola e o que van a facer e facerlle entradas gratis as granxas dos amigos como están a facer en Grava”
Negáronlle tamén o acceso ao proxecto da mellora da rua de Outeiro “ninguén sabe que é o que van a facer ali, nin para que tiveron que transferir mais de 35.000 € da partida de gasto corrente”
Considera a socialista que permitir que un funcionario lle entrege estos proxectos para velos “non vai a alterar o seu ritmo de traballo” e que entende que a verdadeira razón para impedirlle revisalos sexa que “teñan medo que os analicemos polo miudo como fixemos coa rua agro do balo e lles descubramos outro buraco de cartos sen xustificar”
Tamen lle negaron o acceso aos reparos practicados pola interventora os pagamentos e as contratacións irregulares que fixeron nos últimos meses “con elo queda claro que están a esconder chanchulladas, amiguismos, e falcatruadas que intervención detectou e quixo parar, pero que eles seguiron adiante con elas”
Por ultimo, o mais asombroso e que tamén lle negaron o acceso as facturas dos últimos meses “de xeito que os silledenses non saberemos en que gasta os cartos este goberno hasta que todo revente polos aires “
Achegase copia de tódalas respostas.