21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DO PARTIDO

2010

O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DO PARTIDO SOCIALISTA DE SILLEDA FAI UNHA VALORACIÓN SOBRE A VISITA DA ALCALDESA A CERVAÑA

EN SILLEDA ESTÁMONOS ACOSTUMANDO A VER O QUE PODÍAMOS DENOMINAR “O MUNDO O REVÉS” COMENTA MANUEL CUIÑA

 

11 de agosto de 2010.- Se facemos un pequeno recordatorio encontrámonos con que fai uns anos unha empresa construtora privada pasea polo Concello como “perico pola súa  casa”, na construción da autopista deixa o noso Concello totalmente desfeito por onde pasou, sen que desde o goberno do Partido Popular de Silleda se fixese nada para evitalo: traídas de auga cortadas, pistas municipais que estaban aglomeradas pasaron a ser de terra, en fin,  un desastre que os que o permitiron saberán o por que. Unha das parroquias mais afectadas foi Cervaña, onde desde entonces os veciños levan anos loitando para que se repoñan os servizos afectados, loitando por recompoñer a desfeita permitida polos gobernantes do PP silledense.
 
Nestas estaban, cando nós accedemos o goberno do  Concello de Silleda, descubrindo con estupor que a dita empresa nin sequera se lle esixira un aval antes de concederlle a licenza de obra, (xa non vamos a especular máis no porque se fixo así), sen ter posibilidades de reclamarlle a empresa. O goberno Socialista empezou entón unha dura negociación coa Xunta de Galicia que culmina na aceptación por parte da mesma do cento por cen dos custos precisos  para repoñer os servizos aos cidadáns, que se reflexa na redacción, aprobación e posta en marcha do proxecto que hai uns días se empezou a desenvolver  ( tendo así que sufragar con cartos públicos o que debería ter feito unha empresa privada ).
 
Pois ben,  un dos responsables de que tal atropelo tivese pasado, ten a desfachatez de pasearse por alí presumindo de ter acadado un acordo cos veciños e reprochando os anteriores gobernos por non telo  conseguido, por certo señor Javier Presas un deses gobernos era no que vostede  fixo as súa “carreira política”.
 
O mundo o revés o culpable do atropelo, presumindo diante do atropelado.
 
Señora Alcaldesa, estou, e seguro que a maioría dos veciños tamén,  desexando vela presumir un  dia de algún logro seu, pois para loar a nosa xestión xa nos valemos nos soiños, porque  supoñemos que non estará de Alcaldesa só  para xestionar os nosos proxectos, e  non quero esquecer, para arranxarlle  as rotondas os demais. Hai uns días facía mención  a que entre Paula e máis eu nos repartimos o primeiro Plan  E, e vostede  repartiuno entre a Xunta e Fomento, que son os propietarios das rotondas, a súa insolencia  non ten límites.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera