21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG PSOE QUEIXAXE DO ESTADO QUE PRESE

2010

O PSdG PSOE QUEIXAXE DO ESTADO QUE PRESENTA A REDE DE SUMIDOIROS DE SILLEDA E BANDEIRA, E O MAL ESTADO DO MOBILIARIO URBANO.

17 de Agosto de 2009.-  O PSdG-PSOE de Silleda, facéndose eco das queixas veciñais pon de manifesto o mal estado e a falta de limpeza que presenta a rede de sumidoiros de augas residuais e de choivas no casco urbano tanto de Silleda como na Bandeira.

É necesario que se proceda a limpeza urxente con motobomba, xa que doutro xeito as vindeiras choivas que acontezan non poderán ser evacuadas, provocando problemas de  inundacións debidas aos atascos.

A vexetación que crece dentro da rede de sumidoiros é xa visible, saíndo dende as mesmas tapas do rede de sumidoiros, “algunha de elas ata semellan un novo modelo de maceteros”.

Da mesma maneira, o mal estado de numerosos bancos, dan lugar a situacións graciosas onde son os propios veciños os que poñen carteis indicando, en nome do concello, que os bancos non se poden utilizar, ao estar prohibidos.

Así é a cara deste concello cos sumidoiros cheos de lixo, e os “parladoiros” sen asegurar, é pechados. A imaxe “case” é unha metáfora.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera