21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG PSOE DENUNCIA QUE MOITAS ZONAS DE

2010

O PSdG PSOE DENUNCIA QUE MOITAS ZONAS DE LARO NON ESTÁN A RECIBIR NINGUN TIPO DE SINAL NOS SEUS TELEVISORES

31 de Agosto de 2010.- Dende o grupo municipal socialista de Silleda, denunciase que alomenos nos lugares de Sanmartiño, Laro, Forcas e Sante; todos eles de Laro, os veciños levan varios días sin dispor de sinal televisiva en ningunha das canles “nin pública, nin privada” e que logo de esperar varios días sin resposta do goberno, víronse obrigados a acudir ao grupo municipal socialista para que faga una denuncia formal no concello para defender os seus dereitos como cidadáns.

Os socialistas reclamáronlle esta misma mañá ao concello por escrito unha actuación urxente na zona para solventar as deficiencias que está a sufrir os cidadáns, e insisten en que a única solución para esta zona é a instalación de aparellos de encheocos.

Recordan que o goberno, ata en dúas ocasións, votou en contra da urxencia de outras tantas mocións presentadas polo grupo municipal socialista, nas que se instaba á Xunta de Galicia a que analizara a posibilidade de instalar os encheocos que sexan necesarios para garantir unha cobertura igualitaria para todos os veciños do noso concello, “quedando con elo claro que para eles non é urxente que os veciños de Laro vexan a televisión. É intolerable”

Lamentan  ademais que  moitos veciños lle fixeron caso o goberno e  aboaron mais de  400 euros por instalar unha antena parabólica para recibir o sinal vía satélite, e uns 190 euros por televisor para poder ver en cada un unha canle diferente, co compromiso do Concelleiro de Medio Rural, no mes de marzo, de  colaborar economicamente para a instalacións destes aparellos, e a día de hoxe non se saiba “nin canto, nin cando, e mentres os veciños seguen a agardar sen televisión”.

Os socialistas insisten en que o goberno está a xestionar mal a problemática da TDT na zona de Laro na que lamentablemente “ por vivir nunha zona de sobra  están vendo  minguados os seus dereitos con respecto a outros veciños do Concello”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera