21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG PSOE LAMENTA AS FORMAS EMPREGADAS

2010

O PSDG PSOE LAMENTA AS FORMAS EMPREGADAS POR REY NO DESALOXO DO CAMPAMENTO DE VERAN.

Exixiranlle unha comparecencia pública a concelleira de Educación, Eva Lojo a que califican de responsable do acontecido

 

2 de Setembro de 2010.- Para os socialistas silledenses as formas empregadas por Rey enviando á Policía local de Silleda a desaloxar unha actividade municipal na que participan  nenos “son maneiras de desnortados con aires de caciques” e que non hai xustificación que valga ante unha acción tan deleznable que obligou aos nenos a vivir unha situación estresante “que de seguro non van a esquecer na súa vida”

Din que as razóns esgrimidas polo goberno para xustificar a actuación da policía local, non teñen credibilidade, e que si a mandaron “e porque tiñan medo a dar a cara”, algo que quedou en evidencia cando”non foron o centro educativo as 10 da maña cando os pais requeriron a súa presencia, o que os obligou a desplazarse ao concello”

Lamentan que neste goberno “a educación sexa una concellería menor , na que tómanse medidas arbitrarias, inxustificables e que ademais danan aos nosos nenos”. E por elo piden unha comparecencia  pública da concelleira de educación; Eva Lojo, para que explique con documentos todo o argumentado onte pola alcaldesa, “incluíndo o porque  onte como máxima responsable do acontecido non se presentou diante dos pais para darlles unha explicación  “escondéndose das súas obrigas e deixando que o “suposto” concelleiro de industria, Javier Cuiña, fose o que levase a voz cantante diante dos pais”

Eva Lojo é a máxima responsable do acontecido xa que como concelleira, tiña que ter organizado o cambio de empresas en condicións  “e non permitir, que tanto Rey como Javier Cuiña, recoñecidos expertos en  pisotear os dereitos dos cidadáns enviasen a  policia a pisotear agora tamén, os dereitos duns nenos”

Acusan tamén a concelleira de educación, Eva Lojo, de abandono das súas funcións porque “non se poden mandar unhas monitoras novas a atender os nenos sen que ningún representante da empresa ou do concello lles indicara ni tan siquera onde tiñan que traballar, nin como tiñan que facelo”, en referencia a que  as novas monitoras chegaron o mércores día 1 e  non coñecían nin os nenos nin os pais, nin sabían os horarios das actividades, nin nada.

Os socialistas non tiveron acceso nin a documentación da contratación da nova empresa, nin o expediente curricular da mesma, e exixiranlle a concelleira de educación que explique o proxecto educativo para este ano “un proxecto que ninguén , nin tan siquera os pais, coñecen”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera