7 de setembro de 2010.- No seu afán de desentenderse de calquera problemática xerada “como sempre” por eles mesmo, o goberno de silleda incumpleu a sua promesa de explicar públicamente as características do novo programa de canguraxe os pais e nais dos nenos inscritos “quenes, simplemente están a recibir chamadas telefónicas, nas que se lles invita a acudir o centro educativo para coñecer as monitoras”
Din que os pais e as nais esperaban unha disculpa que nunca chegou e unha explicación sobre o servizo, dada pola responsable municipal do mesmo, e que en vez de iso, ven atónitos como por parte de Eva Lojo “se está deixando esta responsabilidade nunhas mozas contratadas”.
A actitude de Eva Lojo deixa en evidencia que “ou non quere dar a cara ou non a deixan, xa que custa creer que alguén cometera semellante cumulo de erros e non dixera nada”
Din ademais que continúase a poñer trabas os pais e nais que queren utilizar o servizo como estos ultimos anos, xa que se lles obriga a pagar o mes completo de setembro para acudir o servicio de canguraxe, a pesares de que este iniciase o día 10, e por riba impedíndolle os rapaces que xa o precisan, por que seus pais traballan, acudir o centro nestes dias por non estar anotados o campamento ”ainda que estan pagando por un servicio que non se lles ofrece”
Os socialistas pedirán ademais o numero real de matriculados no canguraxe neste ano, xa que todo indica que a cifra da que presume a concelleira de Educación (80 nenos) “non é real “intentando asi, tapar os erros cometidos con “políticas propagandísticas”.
Para os socialistas informar de que van ter 80 nenos inscritos somentes sírvelles para xustificar os 8 monitores que lle van ter que pagar a empresa “fixeron as contas o reves, cantos monitores temos, 8, cantos nenos fan falta 80… pois decimos que temos 80”
Rematan decindo que se a Concelleira de Educación, Eva Lojo, tivese o mais mínimo sentimento hacia os nenos non teria feito o que fixo “ e teria salido a palestra a explicar porque non está atendendo o servizo como era de esperar”