21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG - PSOE DENUNCIA QUE AS OBRAS DO

2010

O PSDG - PSOE DENUNCIA QUE AS OBRAS DO PABELLON DE SILLEDA NO COMEZARON.

7 de setembro de 2010.- Os socialistas de Silleda denuncian que no pavillón polideportivo desta localidade non comezaron as obras previstas e continúa pechado para a práctica deportiva dous meses e medio despois do seu peche con motivo do inicio da execución das devanditas obras.

O secretario de deportes, Javier Estévez, sinala que o  concelleiro de deportes, Javier Cuiña, xustificou ou peche desta instalación simultaneamente ó de Bandeira coa excusa de que o verán era supostamente a época do ano en que menos se utilizaba, “polo que os  deportistas vímonos privados de espazos deportivos durante o verán,  e agora que remata vemos como as obras seguen sen comezar”.

A presenza dunha carretilla e un andamio dentro do recinto, son os únicos vestixios de obra que se poden apreciar, e visto o pouco interese deste goberno polos temas sociais, entre eles o deporte, creen os socialistas que a situación se prolongará indefinidamente.

“Se por riba de facer pouco ou nada, o fan mal e tarde, e millor que marchen para casa” apunta Estévez que ademais, advirte, que a liga local de fútbol sala periga, xa que o retraso do comezo das obras provocará que non exista tempo material para o desenvolvemento das xornadas, e as escolas deportivas terán que atrasar o seu inicio.

Segundo Javier Estévez  “Javier Cuiña xa non era capaz de atender a área de deportes antes de serlle outorgadas mais competencias, e agora volve a demostrar o que xa sabiamos, que só preocúpase por ter poder, e a súa incompetencia pagámola todos, neste caso os que practicamos algún deporte.

Javier Estevez engade que “esta obra xa comenzou mal, cun proxecto que, como xa denunciamos dende esta secretaría en repetidas ocasións, non cubre as necesidades e demandas dos deportistas nin os problemas dá instalación deportiva, e o ritmo que vai , rematará mal"

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera