21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG-PSOE, CALIFICA DE CHAPUZA A CAMPA

2010

O PSDG-PSOE, CALIFICA DE CHAPUZA A CAMPAÑA DE DESBROCE DE ESTE ANO

VOLVE A EXIXIRLLE RESPONSABILIDADES A ALEJANDRO VIDUEIROS O OCULTAR AS QUEIXAS POR ESCRITO PRESENTADAS POLO CIDADANS

 

9 de Septiembre de 2010.- O grupo municipal socialista critica que “o goberno presuma dunha auténtica chapuza, como foron este ano os desbroces”

A falta de previsión e organización provocou que “os desbroces empezaron moito máis tarde do debido e que logo, as presas,  foron malas compañeiras de viaxe” xa que as queixas dos veciños foron e son constantes.

O estado en que quedaban algunhas das pistas, provocou un alude de queixas ”das que o concello non informou” e ata obrigou aos cidadáns a rozar eles mesmos pistas ou repasar o que facía a maquinaria.

Sinalan ademais que a chapuza foi de tal calibre que en algunha parroquia as máquinas municipales chegaron a desbrozar pistas da deputación  “cando non hai quen controle os traballos eso é o que pasa”

Din que recibiron queixas das parroquias de Ponte, Manduas, Taboada, Negreiros, Cortegada, Fiestras..., e así llo transmitimos no Pleno ao Concelleiro de Medio Rural que “como sempre fixo caso omiso”.

A día de hoxe sabemos que moitos de estos veciños trasladaron por escrito estas queixas o concello, sen que este faga nada salvo “sair nos medios de comunicación presumindo de que somentes lle faltan dúas parroquias por desbrozar e ocultando as queixas feitas por escrito”

Por iso, “exiximos a Alejandro Vidueiros unha rectificación e que reconozca que a campaña de desbroces foi unha chapuza facendo  públicas as queixas veciñais”.

De tódolos xeitos os socialistas din que a cidadanía xa empeza a acostumarse coas súas presuncións nos medios de comuniciación e que logo non se aprecian no día a día, xa que esto mesmo aconteceu coa limpeza das rúas, que tanto alardearon de ter limpo os cascos “ e somenten fai falla darse un paseo para ver como están as rúas, cheas de herbas, os sumidoiros sen limpar e cheas de lixo”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera