16 de setembro de 2010.- O PSdg PSOE de Silleda, reclama ao concello o inicio inmediato das obras do apeadero do CEIP de Silleda, para garantir a seguridade viaria dos pequenos que acceden o centro educativo, ao tempo que critica que non se fixera durante o periodo estival “esta era unha obra que tiñan que ter feito no verán para que os rapaces iniciaran o curso coa mayor seguridade e non deixala, como todo, para ultima hora”
Lamentan que o executivo de Ofelia Rey non fora quen de presionar axeitadamente o organismo provincial que tardou 10 meses en adxudicala provisionalmente, e logo de prometer que nunhas semanas estaría iniciándose “os pequenos seguen a espera xa co curso en marcha”
Recordan que este proxecto foi presentado polo anterior goberno socialista no Plan anticrise da deputación, o consideralo primordial para garantir a seguridade viaria na entrada do centro educativo, “onde tódalas mañás se xenera un caos circulatorio entre os vehículos particulares e os autobuses con nenos polo medio”
Esta obra é unha das obras mais importantes de todas as que os socialistas presentaron ante a Deputación, xa que mellora a seguridade dos cativos “é lamentable que teñamos que esperan por ela por que Rey non quixo presionar a Louzán””