21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSOE DE SILLEDA SORPRENDIDO COA PECUL

2010

O PSOE DE SILLEDA SORPRENDIDO COA PECULIAR RESPOSTA DO CONCELLO SOBRE O MATERIAL PRESTADO

Insiste en que se lle dea resposta as cuestión plantexadas sobre o amiguismo e o enchufismo con ese establecemento privado e o nome do concelleiro responsable

 

23/09/2010

 

22 de septiembre de 2010.- O PSdG-PSOE de Silleda, ten que recoñecer que quedou abraiado polas declaracións do goberno nas que din que  tódolos Silledenses poden usar de xeito gratuito o material municipal,  por iso, piden que se faga público o lugar e as horas  “onde se teñen que apuntar os veciños para solicitalo”.
Para os socialistas este ofrecemento abre un gran abanico de posibilidades para os Silledenses, dende a utilización de vehículos, “se che fai falla un coche non terás mais que pedirlle o da alcaldesa” ata as  desbrozadoras, os  tractores, ou a pala “facendo con elo mais sinxelo as labores no rural silledense”  
Que o goberno reconoza que se debe tratar do mesmo xeito a un establecemento privado que a un colectivo é tamén un gran avance en políticas sociais “a partires de agora calquera empresario poderá pedir a maquinaria municipal para facer as suas obras aforrando así en costes propios”.
Como  no caso de establecemento de Bandeira foi o personal municipal o que montou e desmontou os palcos, entendemos que “o concello tamén presta aos funcionarios municipais así que, ante un problema en calquera casa do concello se pode chamar ao persoal municipal, que irán de xeito gratuíto” .
Supoñemos, ademais, que esta vontade tan decida de axudar os mais en igualdade de condicións, a elevarán as súas persoas, asi que “a partir de agora se un animal enferma, os Silledenses poderán chamar o tenente de alcalde Javier Cuiña, a calquera hora do día ou da noite, xa que el xamais trataría con diferente vara de  medir nin ao propietario do bar de Bandeira nin a ningún outro veciño”
Mais alo das “supinas tonterias verquidas pola alcaldesa” recórdanlle a  existencia do  “Reglamento  de Bienes de las Entidades Locales (RD 1372/1986)” no que se regula a utilizacion dos bens patrimoniais municipais e advirtenlle que  “co seu analfabetismo lexislativo está permitindo que se convirta o seu goberno nun reino de Taifas onde todos mandan e ordean mentras que vostede, que é a teórica alcaldesa,   non se entera do que fai cada concelleiro”
Critican que “entre tanta tonteria e maledicencia” non contestara a ningunha das cuestión prantexadas, salvo eso si,  recoñecer, o préstamo de material municipal a un particular, e polo tanto reiteramos que:
Queremos saber, a cambio de que, os silledenses lle estamos pagando un salario a unha persona que, ten un bar no que atende a barra tódolos dias e no que organiza festas para as que é preciso o material municipal, mentras está de baixa  do GRUMIR
Queremos saber, a cambio de que, se lle paga  o outro membro da mesma familia  o dobre do que está no mercado por facer uns portes, ou porque cobrou do concello por traballos feitos na Rúa Agro do Balo cuxo pagamento lle correspondía a empresa constructora.
Pero sobre todo, queremos que se non diga, de xeito inmediato, quen foi o responsable político que ordenou o subministro, o montaxe e a desmontaxe de material municipal nun establecemento privado, e si recibiu a cambio da súa instalación algo mais que unha comida gratis.
Para o grupo municipal socialista, que  o goberno recoñeza o subministro e a  instalación de material municipal nun local privado por boca da súa alcaldesa é síntoma de que non saben nin por onde pisan “querendo facer pasar por normal e habitual uns actos que poden ser cualificados como de prevaricación”.
Din os socialistas “que si tiveran un pouco de decencia, tiña que ser o concelleiro responsable, Javier Cuiña ou Javier Presas, o que dise a cara e non se ocultara tras unhas declaracións da alcaldesa” o que demostra que  “un destes dous concelleiros está falto de escrúpulos e cheo de  covardía”.
 
Sobre as declaracións en torno a figura de Paula Fernández, “insinuacións covardes, de mentes enfermas” nas que Rey se coida moito utilizando o termo “supostamente” para cubrirse as costas ante un xuíz por difamación, din que “todo o concello se deu conta de que estivemos de vacacións no mes de Agosto, salvo vostedes que andan a facerse paxaras na mentes; porque nese período non fixeron absolutamente nada, acostumados como están a que lles vaiamos marcando dende a oposición o ritmo de traballo”.
Di, neste caso a portavoz que nin ameazou, nin ameazará, xamais a ninguén, e menos para conquerir un traballo, “nin é o meu estilo nin o preciso, porque  xa teño un titulo universitario, do que vivo e vivirei,  non como outros que utilizan  as ameazas, as coaccións e as mocións de censura para conquerir o único titulo que terán na súa vida,  o de Tránsfugas”.
Di tamén Paula, que “é vergoñento, lamentable e de poucas luces que unha persoa que botou catro meses de  baixa medica, sendo alcaldesa, para presionar o PP e  provocar a saída do goberno de Roucho se crea con dereito a acusarme de supostas ameazas ao PSOE por irme 20 días de vacacións”.

Pídenlle o goberno responsabilidade nas súas declaracións, que de a cara o responsable do préstamo irregular, e que a Alcaldesa saiba dunha vez por todas o lugar que ocupa “non pode seguir lanzando ao aire mentiras cada vez que ten que  tapar as falcatruadas dos seus compañeiros”.

 

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera