21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE DE SILLEDA INSTA AO GOBERNO

2010

O PSdG-PSOE DE SILLEDA INSTA AO GOBERNO A PRESENTACIÓN DA LIQUIDACIÓN 2009 NO PRÓXIMO PLENO

O grupo municipal socialista di que o goberno retrasou a súa presentación intencionadamente para non dar contas da xestión socialista que poría en evidencia as súas mentiras

 

24/09/2010

 

24 de setembro de 2010.-  Os socialistas Silledenses instan ao goberno municipal a presentación da liquidación da conta do ano 2009 no pleno de final de mes xa que, este documento, que tiña que estar aprobado o pasado 15 de mayo, está a sufrir un retraso inxustificado, que fai pensar, que é intencionado, para evitar “facer pública a xestión económica do goberno socialista e que se lle desmoronen tódalas mentiras que levan meses lanzando a cidadanía”

Din que logo de meses escoitando “auténticas animaladas” sobre a xestión económica feita polo goberno socialista o resultado “que vai amosar esta liquidación vai a  deixar ao goberno, outra vez, como uns mentireiros”.

Recordan que xa lle advertiran o goberno en varias sesións plenarias, que o resultado da liquidación do 2009 iba a ser moi bo para os intereses silledenses “e por iso, o goberno, a vista de que non nos equivocamos intenta ocultalo”

Din, que o que vai a refrexar esta liquidación, é unha importate reducción do remanente de tesoureria, que avalará o esforzo de contención feito polo goberno socialista e que agora, lamentablemente están debaratando, xa que seguen sen fiscalizar axeitadamente o gasto, “a pesar das advertencias que lles fixemos”, e  nin tan siquera fan previsións de fondos antes de facer os gastos “están decindo sistemáticamente que si, a calquera gasto, sen valoración económica previa,  o que supón unha política económica de terra queimada”

Recordan ademais que antes do verán pediron  que se lles entregase un avance da liquidación do 2010 para poder comprobar como están as contas e “coma sempre seguimos sen obter a documentación”, ocultando con este xesto  que “teñen moitas partidas agotadas, sen credito orzamentario, e que seguen  a gastar, sen entender que todo ese gasto vai quedar nos caixons”.

Os socialistas recordan que o ano pasado a liquidación presentouse en setembro porque estivemos preto de catro meses sen interventor pero que este ano non tiveron ese problema “todos os  membros de este goberno, sen excepción, criticaron a tardanza na presentación nas contas de 2008 sen importarlles a falla de interventor, e este ano, nin as presentan nin teñen excusa”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera