21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / MANUEL CUIÑA SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN

2010

MANUEL CUIÑA SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DO PARTIDO SOCIALISTA DE SILLEDA PÍDELLE O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA QUE SE IMPLIQUE ACTIVAMENTE NA POLÍTICA DO CONCELLO ANTE A DESIDIA DO ACTUAL GOBERNO

28/09/2010

 

24 de setembro de 2010.- Manuel Cuiña, Secretario de Organización dos Socialistas de Silleda, á vista do acontecido na visita da  Conselleira de Traballo Beatriz Mato a Cerdedo na que se comprometou a ampliar o centro de día de esa localidade,  di que “ainda alegrándonos de que se amplíe esa infraestructura para os veciños de Cercedo, parécenos un agravio comparativo, por non decir unha ofensa o noso pobo, cando en Silleda nada se sabe do centro de día””

Cuiña di non entender os diferentes baremos da Conselleira Beatriz Mato a hora de distribuir entre os concellos as inversións “xa que non é razoable que comprometa, nun Concello como Cercedo que ten menos da metade de población que Silleda a ampliación do centro de  día existente, e aquí, o seu único compromiso sexa que  vai a estudiar se é viable a súa construción”. Lamenta que Cerdedo, Forcarei ou incluso Vila de cruces,  concellos máis pequenos co noso, conten todos con instalacións deste tipo “mentras que en Silleda, a pesar de ter cedidos os terrenos no Consorcio, a pesar de ter unha población envellecida, a pesar de ser acuciante a necesidade, siga o centro de día en estudio”

 

Di o Secretario de Organización que para  ter unha politica social xusta a instalación máis necesaria é unha residencia  con centro de dia, onde os maiores poidan ser atendidos como se merecen, despois de toda unha vida de esforzo e traballo e que esta construción debería ser prioritaria para calquera goberno.
Pero engade que, lamentablemente, o goberno de Silleda, o único que fixo de xeito efectivo foi, obviar a cesións duns terreos por parte dun particular para o Centro de día,  simplemente para xustificar a súa ineptitude cara a conquerir financiamento para esta infraestructura  “se tiñan o terreno, o que lles quedaba era buscar os cartos, pero como non os consiguen andan coa leria de buscar outras fincas, e asi mentras parece que traballan para conseguilo”
Para o socialista non pode haber maior inxusticia que  obligar a unha persona a pasar a última etapa da vida lexos da súa familia, dos seus veciños, do seu entorno, do seu pobo e que “ningunha persoa que se dedique a vida política pode sentirse minimamente satisfeito mentras esto ocurra no seu pobo”·,  por iso, coñecida a ineptitud do actual goberno municipal,  Cuiña pídelle o grupo municipal do PP que mostre un mínimo de sensibilidad e  pida unha reunión coa Conselleira de Traballo “e lle exixa o mismo trato que os concellos veciños e a construcción inmediata do Centro de Día“.
Cuiña recórdalle a concelleira do Partido Popular que facer política e velar polos intereses dos veciños en xeral, e dos máis necesitados en particular, e por iso preguntalle a nova concellala do PP,  Carmen Pereiras,  que accións  ou xestións realizou nos dous meses que leva como concellala electa, “a estas alturas xa teria que ter feito algunha xestión sobre o centro de día se tivese interese real por traballar polos silledenses”

Cuiña lánzalle un ultimo mensaxe a representante popular “cando remate a sua andaina politica terá que dar contas das accións realizadas en favor do silledenses, e  non lle será suficiente decir que se limitou a apoiar a un grupo de tránsfugas ineptos ao tempo que se metía  activamente cos membros do grupo municipal socialista”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera