8 de decembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 30-09-2010 / MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL S

PLENO 30-09-2010

MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE A CONTAMINACIÓN DO RIO DEZA NA XUNTA DOS RIOS EN TABOADA. (APROBADA)

07/10/2010

 

AO PLENO DO CONCELLO DE SILLEDA

 

            Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda, presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do concello a seguinte
MOCIÓN:

 

Visto que as augas do río Deza logo do seu entronque co rio Asneiro que chega de Lalin  a miudo baixan contaminadas debido a verquidos que parece que proveñen do polígono industrial de Botos no veciño Concello de Lalín.

 

Visto que esta situación xa foi denunciada en repetidas ocasións dende o Concello de Silleda e que  a día de hoxe, dende a Xunta de Galicia, non se adoptou ningunha medida de cara a protexer as nosas augas

 

Presentamos a seguinte moción para o seu debate no pleno
           
Instar a Xunta de Galicia a que  a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, inicie as labores necesarias para determinar cal é a causa de contaminación de estas augas e solucione este problema

 

Instar a Sra. Alcaldesa, se a Xunta de Galicia no atende a nosas peticións, a que  sexa o Concello o que inicie as accións legais oportunas contra os contaminantes das nosas augas .

 

                                                                                  Silleda, 29 de Setembro de 2010

 

 

                                                                                  Asdo. Paula Fernández Pena

 

 

 

ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera