18 de febreiro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 30-09-2010 / MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL S

PLENO 30-09-2010

MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE PETICIÓNS SENDAS PEONÍS A DEPUTACIÓN (Rexeitada polo Goberno)

Non foi posible, seica teñen un proxecto mellor… pero ninguén sabe nada de el

 

07/10/2010

 

AO PLENO DO CONCELLO DE SILLEDA

 

            Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda, presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do concello a seguinte
MOCIÓN:

 

Visto por parte da Consellería de Medio  Ambiente territorio e Infraestructuras se deu o visto bo para a finalización da senda do Rio da Gouxa iniciada co Goberno Socialista

 

Visto que as beirarúas da N - 525 na Mera así como a senda peonil da PO 204 (Silleda – Siador) xa foron construídas na época socialista

 

Visto que con estas infraestructuras poderíase construír o anel de paseo peonil para os cidadáns  proposto polo PSdG PSOE Silledense  no seu programa electoral, faltando para elo soamente a construcción das sendas peonís na estrada provincial de Silleda a Folgoso

 

Visto que o alumnado do Instituto Pintor Colmeiro de Silleda cruza a diario a estrada provincial de Silleda a Folgoso nunha zona de rotonda, tendo a escasos 200 m unha pasarela peonil, a que non poden acceder por non dispor a vía de beirarúas

 

 

Presentamos a seguinte moción para o seu debate no pleno
           
Instar a Deputación de Pontevedra a que  constrúa unha senda peonil, ao carón da estrada Provincial  Silleda Folgoso dende as beirarúas da N- 525 ata a Carballeira das Pedrosas, para poder cerrar con esta construcción un anel de Circulación peonil para os silledenses.

 

Instar a Deputación de Pontevedra a construír unha senda peonil que una as beirarúas do Instituto Pintor Colmeiro de Silleda coas beirarúas  fronte o cemiterio municipal ao carón da estrada provincial Silleda Folgoso                                                               

 

 

 

Silleda, 29 de Setembro de 2010

 

 

                                                                                  Asdo. Paula Fernández Pena

 

 

 

ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera