Home / PLENOS / PLENO 30-09-2010 / MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL S
MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE CUBRIR AS BAIXA MÉDICAS NO CENTRO DE SAÚDE.
Sacamos adiante a do Centro de Saúde cunha emenda do goberno decindo que eles xa o pediran ...
07/10/2010
AO PLENO DO CONCELLO DE SILLEDA
Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda, presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do concello a seguinte MOCIÓN:
Visto por parte da Consellería de Medio Ambiente territorio e Infraestructuras se deu o visto bo para a finalización da senda do Rio da Gouxa iniciada co Goberno Socialista
Visto que as beirarúas da N - 525 na Mera así como a senda peonil da PO 204 (Silleda – Siador) xa foron construídas na época socialista
Visto que con estas infraestructuras poderíase construír o anel de paseo peonil para os cidadáns proposto polo PSdG PSOE Silledense no seu programa electoral, faltando para elo soamente a construcción das sendas peonís na estrada provincial de Silleda a Folgoso
Visto que o alumnado do Instituto Pintor Colmeiro de Silleda cruza a diario a estrada provincial de Silleda a Folgoso nunha zona de rotonda, tendo a escasos 200 m unha pasarela peonil, a que non poden acceder por non dispor a vía de beirarúas
Presentamos a seguinte moción para o seu debate no pleno Instar a Deputación de Pontevedra a que constrúa unha senda peonil, ao carón da estrada Provincial Silleda Folgoso dende as beirarúas da N- 525 ata a Carballeira das Pedrosas, para poder cerrar con esta construcción un anel de Circulación peonil para os silledenses.
Instar a Deputación de Pontevedra a construír unha senda peonil que una as beirarúas do Instituto Pintor Colmeiro de Silleda coas beirarúas fronte o cemiterio municipal ao carón da estrada provincial Silleda Folgoso
Silleda, 29 de Setembro de 2010
Asdo. Paula Fernández Pena
ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA
|
|
|