21 de agosto de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 30-09-2010 / PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

PLENO 30-09-2010

PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Ó GOBERNO

Estas preguntas, coma sempre, serán contestadas polo goberno no seguinte pleno.

 

07/10/2010

 

PREGUNTAS PLENO SETEMBRO  2010

 

 

1.- Queremos saber si se está controlando a potabilidade das augas publicas de todas as fontes do noso concello.
Queremos que se nos indique nas respostas que fontes foron analizadas e a frecuencia de ditos análises, así  como as datas dos análises.

 

2.- Queremos saber cantos membros do grumir están de baixa médica así como dende que data están nesa situación.

 

3.- No pavillón de Silleda están a colocar unha tarima de madeira sobre rastrel sen ningún tipo de elemento amortiguador como seria recomendable para a practica deportiva. Queremos saber se a madeira colocada responde  as características técnicas que se describen no proxecto de execución de dita obra.
Como ademais en dita descrición non aparece incluído o rastrelado con madeira de pino que tiveron que colocar para nivelar a superficie do pavillón, queremos saber se ese rastrelado vai supor un incremento de costo na obra ou si se vai a absorber cun posible cambio nas calidades do acabado final.

 

4.- queremos saber por que non se convocou a xunta de portavoces para debatir o borrador  de ordenanza de publicidade exterior que se nos entregou antes do pleno pasado. E porque no mesmo o concelleiro falou de que era unha ordenanza para a mellora estética da vila cando o único que regula é a instalación de publicidade.

 

5.- queremos saber se as colchonetas para os peregrins chegaron… e se non chegaron que nos digan se polo menos van  a estar para antes de que remate o ano xacobeo.

 

6.- queremos saber se este ano o concello fixo algún tipo de desbroce ou limpeza nos perímetros das vivendas para prevención dos incendios forestais:

 

7.-queremos saber se para a festa do PP, como é unha festa privada, o concello tamén lles deixou material municipal de ese que é de todos.

 

8.- Como aos veciños de Siador lles dixeron que para pedir unha plataforma para unha festa que ían a facer no centro social para toda a parroquia e aberta a tódolos veciños de concello, era necesario, que o fixeran  por escrito. Queremos saber se o hosteleiro da Bandeira a quen se lle deixou o material tamén o pideu por escrito. Si a resposta é afirmativa queremos que se nos entregue unha copia da petición que supoñemos terá rexistro de entrada.

 

9.- queremos saber como se atopan neste momento as obras do PEIM pendentes de execución, nas que se incluen pistas en
  1. Pedrouzo e Santa Mariña en Grava,
  2. a pista que  vai da Moa a Andamollo
  3. e a de Ferrozos en Santiso de Manduas,
  4. acceso ao teleclub de Parada,
  5. acceso de Riocalvo a pista de Negreiros,
e porque somos un dos poucos concellos que aínda non as teñen contratadas. Queremos saber se a alcaldesa fixo algunha xestión ante a deputación para a execución de estas obras.

 

10.- queremos saber que calendario de traballo teñen establecido para a limpeza e o mantemento das marquesiñas escolares, xa que a maioría de elas están en mal estado. Queremos un listado das mesmas coas actuacións realizadas en cada unha de elas.

 

11.- a pesar de que lles advertimos que era necesaria a limpeza dos sumidoiros  antes de que comezara a época  de choivas para evitar escorrentias aínda non fixeron nada. Queremos saber cando teñen pensado facer esta actuación.

 

12.- queremos saber porque os barrendeiros non barren a rúa agro do balo, porque non vacían as papeleiras, e que se nos indiquen cada canto tempo so veciños teñen que regar as plantas.

 

13.- queremos que se nos diga porque seguen sen iniciarse as obras incluídas no plan anticrise da deputación  correspondente os proxectos de mellora de vías, dado que algunha de estas pistas debera ser cerradas o trafico polo seu estado en canto comecen as choivas.

 

14.- queremos saber se saben canto vai a supor de facturación manter encendida a iluminación e a fonte da rotonda da entrada a Silleda.

 

15.- recollida no rural. Observase que non recollen a basura tódalas semanas no rural. Teñen controlado o traballo da concesionaria?

 

16.- que criterios se seguen para pagar as facturas recollidas nos recoñecementos extraxudiciais de crédito emitidos por este goberno, xa que están pagando unhas facturas e outras non.

 

17.- recollida de lixo no rural. Seguimos observando que non se recolle a basura todalas semanas. Teñen controlado o traballo da concesionaria?

 

 

 

-

 

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera