21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSOE FAI UNHA PRIMEIRA VALORACION DO D

2010

O PSOE FAI UNHA PRIMEIRA VALORACION DO DOCUMENTO DE AAE DO PXOM SILLEDENSE E O DEFINE COMO DESPROPOSITO

O grupo municipal socialista fai unha primeira valoración do documento de Inicio para Avaliación Ambiental Estratéxica, presentado polo goberno Silledense, ante a Consellería de Medio Ambiente, e o define como “un despropósito enviado sen que nadie o revisase”
Din que ademais de numerosos erros que se poden apreciar como erros ou simples despistes dos técnicos redactores, existen “olvidos” do Goberno, tanto en texto como en planimetría, que  deberían ser correxidos
Din que nun documento no que teóricamente se teñen que recoller os datos medioambientais mais salientables do concello, non pode suceder que o goberno esquecera incluír nin unha soa referencia sobre a nova Depuradora de Bandeira “o que é  unha clara sinal de que non se fixo o traballo axeitadamente”
Outro dos extranos olvidos do executivo foi nin mencionar no documento todas as traídas de auga que se fixeron nos últimos anos nas parroquias “chegando a decir que  todo o concello salvo Silleda e Bandeira se abastecen con pozos, como si non existisen traídas veciñais” (dende a paxina 69 a 75)
Lamentan que dentro das areas de maior interés paisaxístico ou natural non se teñan incluído, nin o Bosque de Cascaxide, nomeado Bosque do ano 2008 polo Ministerio de medio Ambiente, nin tampouco as actuacións feitas con cartos europeos do Agader na Copa do Castro en O Castro, nin nos Castro de Toiriz en Silleda, sobre os que solo se fai referencia en planimetría coa protección arqueolóxica fixada por patrimonio.
Tampouco se inclúen outros elementos de recente construcción deseñados para potenciar o noso medio , e quedan no caixón dos olvidos o Roteiro da Auga de Parada, unha inversión feita tamén con Fondos Europeos, ou a zona do Muiño de Covián recuperado a través dun Obradoiro de emprego, financiado pola Consellería de traballo.
Ademais de isto, non teñen en consideración que  logo de anos de conflictos de lindes cos concellos de Forcarei e A estrada a única mención ao respecto sexa que non se entra cos concellos veciños en conflictos de clasificación de solo “cando o conflicto de fondo está nos límites de dito solo.(paxina 110)
Outro elemento que define este documento como despropósito, sacado adiante cunha clara intención propagandística e sen revisar é que se destaca que  o turismo  verde está moi presente no noso concello gracias a oferta que proporcionan os cámping e os albergues “ cando o único cámping que existe leva anos pechado, e dos albergues de peregrinos gracias a este goberno, nada se sabe” (páxina 24)
O documento roza o absurdo cando nun intento de encher páxinas  faise unha descrición da tipoloxía das vivendas e das edificacións adxectivas, nas que se asegura que os silledenses utilizamos os alpendres para gardar os carros, ou que as nosas casas teñen unhas características xeradas “polo singular modo de vida campesiña”. (páxina 104 e 105)

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera