21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG PSOE CONSIDERA QUE OS CAMBIOS FEI

2010

O PSDG PSOE CONSIDERA QUE OS CAMBIOS FEITOS NO PXOM EN REFERENCIA AO SOLO INDUSTRIAL SON UN ERRO DE FUTURO

Para o PSdG PSOE  Silledense a decisión de modificación do solo industrial plantexada por Ofelia Rey é un erro de futuro que terá enormes consecuencias para o desenvolvemento socioeconómico dos empresarios e dos Silledenses
No documento de Avaliación Ambiental Estratéxica remitido á Xunta, Rey altera a configuración do solo industrial de Area-33  obviado sen mais o prantexamento do anterior goberno, que cabe recordar, xa  tiña o visto bo por parte da Xunta de Galicia, o non cuestionarse a súa implantación  no informe previo remitido dende Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras no ano 2009
No prantexamento socialista a area industrial desenvolvíase ao longo da marxe dereita do río da Gouxa entre a N-525 e a Autoestrada Santiago - Ourense, de xeito que se garantizaba a creación de un acceso rodado dende esta vía de alta capacidade tanto para o novo polígono como para as dúas fases anteriores.
Lamentablemente esta proposta  foi alterada e agora Ofelia Rey deseñou un polígono se desenvolve somentes ao carón da N - 525 a ambas marxes do río da Gouxa, impedindo así a conexión coa Autoestrada, e “por riba xustifica o cambio alegando que así se melloran as comunicacións” (pax 113)

Os socialistas sempre consideraron prioritario que o polígono tivese unha conexión directa coa autoestrada porque elo ía significar un maior volume de negocio e incluso a implantación de novas empresas “xa que teríamos  un polígono moi próximo a unha cidade como Santiago  e conectada con ela por Autoestrada”
Para os socialistas este cambio vai a prexudicar claramente o futuro de este polígono e das empresas que se vaian a implantar en el, xa que “Lamentablemente haberá quen se siga indo a Lalin 2.000 que si ten esta conexión coa autoestrada garantida”
Recordan que aínda que no Informe previo remitido dende a Consellería de Medioambiente,. Territorio e Infraestructura no ano 2009, se cuestionaba a creación dos solos industriais en Chapa e Lamela, porque dicía que esas industrias podían implantarse no polígono de Silleda, nese texto, non se negaba explicitamente a posibilidade da súa implantación se non, que dicía que  consideraban que non se xustificara axeitadamente nin a elección do seu emprazamento, nin as condicións de conexións  coas redes de infraestructuras e transporte, deixando así aberta a  posibilidade dunha xustificación posterior que permitise a implantación de estas dúas infraestructuras. Por iso lamentan a decisión da alcaldesa de “eliminar sen mais ámbolos dous polígonos sen  negociar coa Xunta”
No caso do polígono de Chapa, tiña unha defensa  clara e fácil de esgrimir, xa que na zona están xa implantadas un gran numero de empresas as que tiña, como alcaldesa, que buscarlle unha solución. Pero a súa neglixencia fai que  a partir de agora, de acordo coa lei 2/2010 do 25 de marzo de 2010, as naves existentes na zona so  poderán ser rexistradas no rexistro da propiedade como fora de ordenación e non poderán facer nin obras de melloras nin ampliacións nas mesmas, “abocando coa súa decisión aos empresarios a non poder medrar no seu negocio”.

A decisión do executivo de deixar tamén sen efecto o Polígono Industrial de Lamela, sen nin sequera tentar demostrar a súa viabilidade ante a   Consellería, a pesar de ser unha proposta feita por un grupo de empresarios que tiñan compromiso escrito de creación de novas industrias e consecuentemente postos de traballo, fai que nun momento de crise como este, a xestión de esta alcaldesa se descubra de novo como nefasta para a creación de emprego.

Por todo elo esixen que se rectifique a política deseñada a nivel industrial, xa que é  obriga dun goberno velar polos intereses colectivos, “lamentablemente Rey coas súas decisións demostra non saber que son os intereses colectivos ”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera