21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE CALIFICA AS DECLARACIONS DE

2010

O PSdG-PSOE CALIFICA AS DECLARACIONS DE OFELIA REY DE MAIS DO MESMO

CONTINUAN COA VALORACIÓN DO AAE ANALIZANDO AGORA A ZONA DE FONTE DO CAMPO

 

20/10/2010

 

As acusacións continuas a Paula Fernández Pena empezan xa a converterse nunha rutina para o goberno de Rey que como sempre en vez de defender o seu traballo adícase a calumniar e   a difamar a oposición.
Paula Fernández ironiza dicindo que “seria pitonisa si houbese incluído no documento de AAE servicios básicos que se construíron un ano despois” e pídelle a Rey que revise de unha vez a documentación completa do PXOM,  para que así deixe de decir tonterias, xa que ditas infraestructuras si foron axeitadamente recollidas na planimetría que se remiteu a Conselleria de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras para o seu Informe Previo no ano 2009,  e que polo tanto foi unha deixadez súa  non  incluílas agora no novo AAE.
Recordan que o documento presentado polo goberno  socialista para a avaliación ambiental estratéxica non tivo nin unha soa alegación, e que foi aprobado pola consellería “a ver que sucede con este”, polo que, ironizan que, si tal e como di Rey, os erros estaban xa no documento remitido no ano 2008, debería explicar por que non o revisou  nin sendo concelleira de goberno, nin non adscrita, nin agora sendo alcaldesa para corrixilo, “parece que pretende facernos crer que non formou parte do goberno socialista”
Para os socialistas somentes existe  unha soa razón, a Ofelia so lle interesaba coñecer do plan  a parroquia de Piñeiro, “eso é o único que  lle interesaba a ela do  PXOM Silledense, e a vista da moción non lle debeu de gustar moito o que se facía nela”

Sobre as acusación de aproveitamentos persoais e profesionais , Paula Fernández deixa claro que o”o xulgado é o que está para denunciar as prevaricacións, non os medios de comunicación” e a vista de que Rey prefire seguir calumniando,  reta a Alcaldesa a un cara a cara para defender públicamente cada unha das acusacións de prevaricación “e acabar de unha vez por todas con estas sarta de incoherencias”.
Continuando coa avaliación do AAE, o PSdG PSOE denuncia que si tal e como dixo Ofelia Rey na zona  da Fonte de Campo fixeron desaparecer a proposta socialista de crear unha area de reparto, para voltar a debuxar a rúa que figuraba no PXOM, cometen de novo un erro que terá unha importante cuantificación económica para as arcas municipais.
Na zona de fonte do campo existen ata tres inmoble fora de ordenación, é dicir, inmobles que foron construídos sobre a vía que figura no PXOM, polo que si se mantén a traza orixinal eses inmobles terían que ser demolidos, o que suporía unha inmediata indemnización por  parte do Concello, xa que todos eles teñen licencia e a alineación marcouna o Técnico Municipal. 
Outra posibilidade sería deixalos toda a vida fora de ordenación e que esa rúa se abrira con un estrangulamento no seu entronque coa rúa carballeira do Chousiño, eso si, os propietarios quedarían sempre supeditados a non poder facer ningún tipo de obra nin obter licencia para explotar os seus baixos, polo que poderían solicitar reclamacións económicas ao concello

Se por outra parte desprazaron a rúa para legalizar a situación de estes inmobles, están comprometendo a edificabilidade das parcelas situadas na outra marxe da rúa na zona próxima a rúa Carballeira do Chousiño o  que suporía seguramente alegacións e indemnizacións para os propietarios, xa que co novo plan terían unhas fincas non edificables, por culpa de regularizar unha ilegalidade.
Por todo iso a fórmula urbanística mais axeitada para esta zona é a Area de reparto, de xeito que  tódolos propietarios teñan os mesmos dereitos porcentualmente a superficie que teñen en propiedade, evitándose así calquera tipo de conflicto.
Recordan que, cando  Nova carballeira pretendeu urbanizar dita zona o problema foi que precisamente alterou a vía do PXOM por que si non,  non se podía abrir, e un dos pleitos aún en marcha,  é precisamente a falla de edificabilidade que se provocaba con dito cambio nas parcelas do inicio da rúa (pleito de Sira Fontao).
Lamentan os socialistas que logo de todas as voltas que deu o proceso de Nova carballeira, no que o Concello gañou todos e cada un dos pleitos, incluída a denuncia de prevaricación contra Paula Fernández,  agora vai Rey e lle volve a acomodar a propiedade a Nova carballeira, segundo as súas pretensións, deixando o resto dos veciños nunha situación de indefensión, e por riba “acusándome de novo de prevaricación como si ela soubese mais ca un xuíz” di Paula Fernández

Recordan que fai varios meses xa denunciaran as xuntanzas que mantiñan Ofelia Rey e Nova Carballeira no seu despacho, “ e aquí está o resultado”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera