21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / AREA DE REPARTO DA ZONA DEPORTIVA DE SIL

2010

AREA DE REPARTO DA ZONA DEPORTIVA DE SILLEDA

OS SOCIALISTAS DIN QUE A DECISION DE REY DE ELIMINAR AS AREAS DE REPARTO DA ZONA DEPORTIVA É NON TER MIRAS DE FUTURO

 

21/10/2010

 

21 de Outubre de 2010.- O PSOE Silledense di que a decisión de Ofelia Rey de deixar sen efecto a proposta de creación dunha area de reparto na zona do campo de fútbol “é un triste exemplo de que Rey está a deseñar un PXOM sen pensar no futuro”.


Aclaran que, na proposta socialista, se creaban, non só unha area de reparto no campo de Fútbol,  senón dúas áreas de reparto, unha que recollía a finca do campo de fútbol e outra que recollía a piscina e o pavillón, así como tamén se desenvolvía unha gran zona deportiva na que poder construír  no futuro  infraestructuras deportivas moito mais ambiciosas que as existentes, “que non poden medrar por falla de espacio físico”.
 

A motivación para este cambio, é que, con un area de reparto, os terreos do campo de fútbol, piscina e pavillón pasan a ter cualificación residencial o que permitirá, se fora necesario, que  o Concello poda enaxenalos no futuro,  e cos cartos obtidos, promover ou completar a financiación para a creación das novas infraestructuras na área deportiva deseñada.


Esta gran area deportiva, con dimensión suficiente para que teñan cabida todas as especialidades deportivas tanto cubertas como descubertas deseñouse polo executivo socialista nos terreos que están entre o colexio público de Silleda e as casas do Monte,  xusto enfronte da Semana verde, unha zona que, por certo, a pesar de ser cuestionada polo executivo de Rey en outras ocasións, se mantén no documento de AAE.
 

A decisión tomada por Rey, de manter a zona do campo de fútbol, piscina e pavillón como  areas deportivas, aboca ao concello a non dispor de posibilidades de financiación ou inversión propia para construír ou mellorar o sistema de equipamentos deportivos municipais e a continuar sen poder ofrecer alternativas serias nesta materia.
 

Pero é que ademais, como o PXOM é un documento que debe tentar resolver as deficiencias existentes en materia urbanística,  converter o campo de fútbol nunha area de reparto, pode axudar a solventar o conflicto da súa titularidade, asunto enquistado dende fai anos, e que está nos tribunais, xa que con este cambio,   a Xunta poderá permutar as propiedades en litixio, o ter a mesma cualificación urbanística e polo tanto o mesmo valor,  e rexistrar o campo de Fútbol ao seu nome “Todo o mundo entende que sería preferible que o campo de fútbol este Rexistrado a nome da Xunta de Galicia que non no dun particular, menos Rey que sigue querendo facer crer que todo se fixo con animo de lucro”.
 

A partir de aí , a Xunta quédanlle dúas opcións, ou ben cederllo o concello, ou ben construír vivendas para mozos ou vivendas sociais no futuro se o campo chega a ser  reubicado, “o beneficiario desta decisión urbanística sempre é o Concello, por iso é de poucas miras falar de intereses persoais”.

Antecedentes sobre a titularidade do campo de fútbol:

Os propietarios da Finca que está xusto enfronte do campo de xogo, fixo unha cesión para a construcción dun campo de Fútbol as JONS (Juntas de Ofensiva Nacional-sindicalista) na época franquista. O terreo cedido está en parte ocupado agora pola vía de acceso principal a Semana Verde e un resto do mesmo situase no coñecido “Prado de María”, que historicamente se utilizou para exposición de maquinaria agrícola das primeiras edicións da Semana Verde
 

En época de D. Casimiro Fernandez, como as condicións físicas do terreo cedido non eran axeitadas para a construcción dun campo de fútbol, pídelle ao propietario se poden situalo noutra das súas propiedades. O propietario acepta, e dálle autorización para construílo na finca na que actualmente está situado, pero lamentablemente, este cambio nunca foi rexistrado documentalmente.

A vista de esto atopámonos con que o campo de fútbol está rexistrado a nome do particular que fixo a cesión mentres que parte da súa propiedade está a nome da Xunta de Galicia, logo de que todos os bens das  JONS pasaran a mans públicas coa democracia.
 Esta problemática resolveríase facendo a permuta que non se fixo fai anos, pero a Xunta di non poder aceptala porque as fincas non teñen a mesma cualificación urbanística no PXOM actual, xa que unha aparece como residencial e a do campo de  Fútbol como equipamento deportivo, e polo tanto teñen diferente valor

A cualificación do campo de fútbol como unha  area de reparto permitiría que dita permuta  puidese ser efectiva, polo que, a Xunta de Galicia pasaría a ser a propietaria da parcela na que está ubicado o campo de fútbol.

 

 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera