20 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / Orzamentos da Xunta de Galicia, non cont

2010

Orzamentos da Xunta de Galicia, non contan con Silleda

O PSDG PSOE SILLEDENSE LAMENTA OS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA QUE EVIDENCIAN A FALLA DE COMPROMISOS DE REY

 

21/10/2010

 

21 de outubro de 2010.- Revisado o documento de orzamentos da Xunta de Galicia non existe ningunha partida de investimentos para o concello de Silleda, “o que supón un forte golpe para a o noso concello, xa que perdeuse a oportunidade de creación de infraestructuras necesarias como o centro de día ou a piscina no ano 2011”.


Ademais, din que os poucos compromisos adquiridos coa Xunta de Galicia o longo de este ano,  “que Rey anunciou a bombo e platillo”,  non figuran no documento,   quedando logo supeditados, a que a Xunta, poida ou queira manter ditas promesas a través das partidas xenéricas do orzamento “co risco de que nos pase o mesmo como cando segundo dixo Rey a consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras ía a investir 500.000 € para construír saneamentos e abastecementos no 2009 e  chegando a Novembro, aínda non vimos unha soa obra”.

Recordan tamén que ata catro veces veu a Bandeira o Delegado Territorial, Cores Tourís, para presentar as melloras da vía Bandeira – Merza, as aceras de Manduas e para comprometerse polo enlace da Autoestrada en lamela, e  “nada figura de elo no orzamento da Xunta”. Lamentan que se esquezan ademais outras obras importantes como a ampliación do  centro de Vista Alegre, investimentos para o Camping de Medelo ou o albergue de peregrinos.


O Goberno leva meses facendo e inaugurando obras financiadas polo goberno de España a través do plan E, e  presumindo de facer obras que financia o Ministerio de Medioambiente a través dos Plans estratéxicos de infraestructuras do medio rural (PEIM), mentras que o que eles chaman  “Goberno amigo da Xunta” obvia a Silleda nos seus orzamentos. “Rey é a responsable, tiña que ter feito alegacións  a este documento para esixir a incorporación dos compromisos e non o fixo, será que está de acordo coa falla de investimentos”.
 

Recórdanlle  que como unha das razóns que esgrimiu Rey para xustificar a moción de censura era a falla de colaboración coa Xunta de Galicia, “debería explicar agora porque non consigue aparecer en ningunha da paxinas do orzamento, porque non consigue traer para Silleda unha soa infraestructura”.

Lamentan que as inversión da Xunta en Silleda no 2009 se limiten a mellora dos accesos en Cervaña, a depuradora da Bandeira ou o remate do sendeiro do río Oisa, todas elas iniciadas no período socialista “mentras que para  o 2010 non presentaron ningún novo proxecto de envergadura”. 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera