21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / COMUNICADO SOBRE O TRANSFUGUISMO DA EXEC

2010

COMUNICADO SOBRE O TRANSFUGUISMO DA EXECUTIVA DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA 27102010

29/10/2010

 

Pretendemos avaliar as consecuencias dos acontecementos que se foron sucedendo o longo destes días unha vez analizadas as declaración de todos os cargos políticos  tanto locais, provinciais e incluso nacionais de todas as ideoloxías.
A agrupación municipal socialista silledense  condena enerxicamente a decisión do PSOE Federal de  permitir que o alcalde tránsfuga de Benidorm se presente nas siglas do  PSOE . É unha decisión que nos parece deplorable , que non compartimos, así llo transmitimos a dirección do PSdG-PSOE., a quen tamén lle mostramos o noso desacordo con que  non houberan votado en contra dunha decisión que permite ao PP deG avalar a moción de censura de Silleda.
O pobo de Silleda demostrou que estivo en contra da moción de censura saíndo a rúa, mostrando con elo a súa repulsa a calquera manobra política que traicione a vontade dos cidadáns, e polo tanto, nos, como representantes  democráticos, temos sumarnos  ao sentir dos nosos veciños, e condenar por riba de intereses partidistas este tipo de actitudes.
Pero do que non podemos esquecernos é que Silleda sufriu hai un ano nas súas carnes o acto duns arribistas que orquestrados e avalados polo señor Louzán viñeron a impoñer pola forza un goberno que a día de hoxe ninguén neste concello sabe para que serve.
Por iso agora non podemos quedar calados mentres  membros do PP sillledense se rasgan as vestiduras como si eles fosen os “santo santorum” da honestidade e a democracia, cando o seu partido levan rompendo o pacto antitransfuguismo dende os seus comezos, e Silleda é un  máis dos moitos  exemplos.
Louzán levaba meses argallando a moción de censura que contou co beneplácito do PP local, do comarcal e incluso do galego. Promoveu e impulsou cóbado con cóbado unha moción xunto con Roucho e por suposto Toño Toxa, actual secretario de organización popular silledense
Agora o único que pretenden de cara a cidadanía e  lavar a súa imaxe detrás dunha mala decisión tomada polo PSOE nacional. E iso é algo que non lle debemos permitir.
Sabemos que o  PP provincial intentará aproveitarse  da situación xerada a nivel nacional e meterá nas súas listas a edís considerados tránsfugas en concellos como Mos ou Gondomar onde se xogan gañar ou perder a Deputación, e que tamén o intentará en Silleda.
Pero o que temos claro é que si o PP local permite unha inxerencia máis de Louzán  no noso concello, estará prexudicando aos silledenses, porque estes elementos, que pisotearon a vontade dos nosos cidadáns, non poden voltar a presentarse nunhas eleccións democráticas.
Permitir que uns sinvergonzas, como os  edís ex socialistas  tránsfugas, continúen na política,  baixo as siglas doutro partido que se di democrático, choca frontalmente contra os intereses dos  silledenses. Permitir que o resto dos concelleiros tránsfugas formen parte dunha lista do PP local é unha vergoña ,  un síntoma claro que non teñen a quen levar, e que prefiren atender as ordenes de Louzán e Crespo que o que lle din as súas bases, demostrando que lles  importan moi pouco os seus concidadáns.
Nós temos moi claro que somos silledenses antes que socialistas,  e levantamos a nosa voz diante dos órganos do partido a vista do acontecido, e voltaremos a levantalos cando as súas decisións  choquen frontalmente contra os intereses dos silledenses.
Non podemos nin queremos permitir intromisións do noso partido que poidan prexudicar a un só cidadán deste Concello, esperamos que o PP local sexa  quen de facer  o mesmo.

Que o PP leve nas listas a uns tránsfugas, significa claramente que non pon obxección a levar a caraduras, sinvergonzas, e aproveitados nas súas filas. Por que eso é, o fin e o cabo, o que significa levar a un tránsfuga nunha lista.

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera