21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O CONCELLO DE SILLEDA INGRESARÁ POR UNHA

2010

O CONCELLO DE SILLEDA INGRESARÁ POR UNHA RECLAMACION XUDICIAL FEITA DURANTE O GOBERNO SOCIALISTA MAIS DE 280.000 €

Corresponde a reclamación do cobro do ICIO polo parque eólico situado en Couto de San Sebastián, As Candas, Cruz de Portela, Couto das Quintas, Penas Santas e Campo Grande

 

29/10/2010

 

29 DE OUTUBRO DE 2010.- O grupo municipal socialista presenta aos medios de comunicación a sentencia recaída sobre a reclamación á promotora do parque eólico do Couto de San Sebastián  da liquidación provisional das obras executadas, pola que terán que abonar mais de 280.000 €  “que virán a aliviar as arcas municipais e que demostran o esforzo e o traballo do executivo socialista en materia económica”.
Felicítanse polo fallo xudicial e  trasládanlle a cidadanía a mensaxe de que “sentímonos orgullosos de que o noso esforzo garantise aos Silledenses unha importante mellora económica”
Pero eso si, recordan  que  o expediente  remóntase a outubro de 2004,  que foi cando  a empresa promotora do parque chegara un acordo co executivo de Roucho, no que estaban os actuais edís de goberno Presas e Vidueiros,  que incluía a posta en valor do centro social de Moalde e o pago de 19.000 € de licencia pola obra civil do parque. A cambio de este acordo o  Concello optaba por non requirir xudicialmente o pagamento da licencia completa que debería incluír a cantidade correspondente aos os muíños de vento “que era polo que mais ían a cobrar”. Por iso, a vista de que ese acordo “ía en contra dos intereses dos cidadáns”, Paula Fernández Pena,  si fixo o requirimento de pago total a empresa  e  agora o tribunal deulle a razón “esta resolución demostra que a Presas e a Vidueiros, como sempre, pesoulles mais os intereses da empresa que os dos veciños”
Pídenlle agora “que fagan un exercicio de coherencia e  que expliquen as razóns que os levaron a non facer esta reclamación” , e esíxenlle de novo a Rey unha aclaración de porque “non fixo pública esta sentencia  se non é para evitar ter que darlle a razón os seus ex compañeiros, e quitarlla aos que agora forman o seu goberno” ao tempo que pídenlle que “dirima responsabilidades nun proceso turbio no seu inicio no que estaban inmersos os seus tenentes de alcaldesa”
Recordan que no fallo a empresa pode, aínda, presentar recurso de apelación no TSXG, polo que pídenlle a Rey , “mano firme”, xa que como denunciaron en varias ocasións nos medios e nos plenos, a empresa débelle cartos ao concello pero seguen a funcionar sen dispor de licencia de actividade e “Rey debería explicar porque llo consinte tendo no seu despacho informes técnicos e da policía local que así o atestiguan”
Os socialistas se congratulan que agora polo menos o concello disporá de liquidez “aínda que sexa unha magoa que caian nas mans que caen” e esperan e solicitan que se gasten “con cautela e pensando no ben dos silledenses”
Antecedentes:
Foi no ano 2004 cando Fomesa Hispania obtivo a correspondente licencia para a instalación do citado parque eólico, e daquela a empresa consignou un importe en concepto de execución de material de 859.093,36 euros polo que lle correspondía abonar ao Concello unha cuota tributaria de 19.328,14 euros que Fomensa fixo efectiva, ademais de arranxar o centro social de Moalde como contraprestación por non ter recorrido os tribunais.
No ano 2006, o presuposto de execución de material presentado ao Concello variou ostensiblemente, pasando dos máis de 800.000 euros iniciais a 13.400.754,22 euros, e nunca se lle reclamou o pago por esa diferencia
O goberno socialista detecta a situación de impago cando a empresa solicita a licencia de actividade  a finais do ano 2.008 polo que se decidiu  emitir unha nova proposta de liquidación provisional por un importe de 301.320,80 euros que se puxo en coñecemento da empresa a data de 21 de xaneiro de 2009 que o descontar o xa abonado da como resultado a cantidade reclamada
Recordan que no mes de Febreiro de 2009 o Concello Silledense demandara  a empresa Fomensa Hispania S.L para que abonaran  281.992,66 euros, resultado da liquidación do adebedado en concepto de tributos correspondentes á construción do parque eólico

Esta cantidade provén da diferencia entre o que a empresa abonou en concepto de autoliquidación en 2004 e o importe real que tiña que ter abonado polo Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).
A empresa Fomensa Hispania S.L. presentou un recurso contencioso administrativo contra esta reclamación económica e que o xulgado fallou a favor do Concello de Silleda

 

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera