21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2009 / O PSDG PSOE PIDE EXPLICACIÓNS PÚBLICAS A

2009

O PSDG PSOE PIDE EXPLICACIÓNS PÚBLICAS A ALCALDESA SOBRE AS OBRAS QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER NA CONTORNA DA RÚA ACCESO OS CASTROS DE TOIRIZ (RUA G)

DENUNCIAN ADEMÁIS QUE NO TRAMO DE VÍA DE ACCESO A VIVENDA DA FAMILIA DA ALCALDESA SORPRENDENTEMENTE SÓ SE EXECUTARON INSTALACIÓNS DE SANEAMENTO OBVIANDO O RESTO DE INSTALACIONS.

 

01/12/2009

 

O PSdg-Psoe denuncia que as obras que se están a executar na contorna da rúa Acceso os Castros de Toiriz (antiga rúa G)  son contrarias á lei. Entre as obras que se desenvolven na zona atópase a mellora da propia rúa  na súa parte media e final  asi como o arranxo dunha via perpendicular á mesma que da acceso á parte traseira da casa familiar da alcaldesa

                                                     

O camiño que da acceso á parte traseira da casa da familia da alcaldesa, que está contemplado no actual plan xeral como rúa a aperturar  está considerado polo tanto solo urbano consolidado, polo que, segundo a Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, son os propietarios dos terreos os que deben costear a súa urbanización e non o Concello

As obras que se están a executar nesta vía,  que sirve de acceso á vivenda familiar da alcaldesa Ofelia Rey e dous garaxes estanse realizando con fondos propios e material da deputación, cando a lei do solo no seu artigo 19, di claramente que entre os deberes dos propietarios de solo urbano consolidado está completar pola súa conta a urbanización necesaria, e costear os gastos de urbanización precisos para completar os servizos, asi como executar as obras necesarias para conectar coas redes de servizos e viarias en funcionamento

Artículo 19. Deberes de los propietarios de suelo urbano consolidado.
En suelo urbano consolidado, los propietarios tienen los siguientes deberes:
a.        Completar por su cuenta la urbanización necesaria para que los mismos alcancen, si aun no la tuvieran, la condición de solar.A tal efecto, deberán costear los gastos de urbanización precisos para completar los servicios urbanos y regularizar las vías públicas, ejecutar las obras necesarias para conectar con las redes de servicios y viaria en funcionamiento y ceder gratuitamente al municipio los terrenos destinados a viales fuera de las alineaciones establecidas en el planeamiento, sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 122 de esta Ley.
b.        Regularizar las fincas para adaptar su configuración a las exigencias del planeamiento cuando fuera preciso por ser su superficie inferior a la parcela mínima o su forma inadecuada para la edificación.
c.        Edificar los solares en los plazos que en su caso señale el planeamiento urbanístico.
d.        Conservar y, en su caso, rehabilitar la edificación a fin de que ésta mantenga en todo momento las condiciones establecidas en el apartado 1.b del artículo 9 de esta Ley.

Os socialistas dín que  “os silledenses non podemos permitir que se malgasten fondos propios en crearlle solares nin facerlle entradas as casas dun veciño sexa quen sexa”.

As obras que se están a acometer nesta rúa de nova apertura que da acceso a vivenda familiar de Ofelia Rey, contemplan o asfaltado de todo o seu ancho sen máis servizos que a rede de saneamento, e por iso, os socialistas instan  a Alcaldesa a que diga públicamente “cantos veciños se van a favorecer de dita rede, e quen pideu a conexión á mesma” xa que nesa rúa somentes existen neste momento dúas entradas de garaxe, que non deberan precisar de saída de saneamento e unha “piscina climatizada que hai construida na zona”

Ademáis destas obras tamén se está acondicionando a prolongación da  rua G cunhas melloras que supuxeron variacións no ancho da vía en máis dun metro  en cada marxen, que é algo que tamén contrario a lei 9/2002 (lei do solo), xa que o no  non adaptarse no ano 2.004 o noso planemento a dito regulamento esta zona está  considerada como solo rústico.

Para poder acometer as obras que se están na facer nesta prolongación sería necesario a redacción dunha modificación puntual do plan Xeral, algo inviable na fase na que nos atopamos de redacción do PXOM ou esperar a que se aprobara o Plan que era a idea do anterior executivo, xa que, “si  consideramos que esta actuación é necesaria, pero non como un parche que é o que se está a facer, sen aceras, sen serviciós, somentes tapando as cunetas cun rego asfáltico e por riba contravindo a lei”

Os socialistas silledenses facilitaranlle toda a información que sexa precisa ós deputados provinciais para que lle pregunten ao Sr Rafael louzan se sabe que co material que se está achegando de xeito gratuito a Silleda se están facendo obras que contraveñen a lei do solo

A planificación das actuacións  a executar debe ser unha premisa de calquera goberno “que vemos con asombro como a nova alcaldesa obvia en todas as suas actuacions, mandando as maquinas da deputación a parchear por todo o concello sen orden nin concerto e como é o caso, sen acerto, nin moral, nin xurídico”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera