21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / Cea de Traballo na Devesa, 23/10/2010

2010

Cea de Traballo na Devesa, 23/10/2010

O día 23 celebrouse unha Cea de Traballo da Agrupación Socialista de Silleda, no restaurante A Devesa de Grava como inicio da precampaña electoral.

 

30/10/2010

 

Coa presenza de más de 180 persoas, entre militantes, simpatizantes, socios de Avanza Trasdeza e coa presenza das Xuventudes Socialistas, a Agrupación Socialista de Silleda comezou a precampaña electoral para as próximas eleccións o concello de Silleda.
 
En esta reunión contamos coa presenza do Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García que destacou a labor da Executiva Local neste ano de transición, é sinalou que o PP usará todas as armas posibles para o desgaste da oposición.
 
O noso conselleiro e compañeiro, Manolo Cuiña,  fixo unha análisis pormenorizado neste ano de traballo da oposición, recordou a xuntanza na carballeira da Bandeira, onde mais de 1.200 persoas, todas de Silleda, apoiaron a labor ben feita dos dous anos de goberno, e nos deron a forza para seguir adiante nesta loita, e sinalou que os tránsfugas deste concello no poderían ter acougo en ningunha forza política nas eleccións.
 
Doutra banda, Paula Fernández, dixo que as eleccións non están gañadas pero que vamos a traballar porta a porta, persoa a persoa, e que contará có bó traballo e a disposición da Agrupación de Xuventudes Socialistas para acadar o mellor resultado nas eleccións.
 
Paula Fernández dixo tamén que somos a única alternativa, a mais seria e necesaria, e que na lista das próximas eleccións contaremos con unha lista limpa, de xente traballadora, de amigos, sen intereses partidarios nin individualistas.
 

Paula Fernández anunciou tamén que quere presentarse de novo, para traballar por Silleda, ser de novo a Alcaldesa, pola causa xusta de recuperar a dignidade en Silleda, por todo o calor dos cidadáns cando se fan ben as cousas, e as críticas cando, por desgraza, se fan mal, e que o Partido Socialista é a única alternativa posible.

 

Pídeo por último o traballo de todos e todas para recuperar o que nos arrebataron a todos fai xa un ano, e que é moito mais que a alcaldía de Silleda.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera