21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / CORRECCIÓNS AO DOCUMENTO O DE AAE A XUNT

2010

CORRECCIÓNS AO DOCUMENTO O DE AAE A XUNTA DE GALICIA

O PSdG PSOE REMITE VARIAS CORRECCIÓNS AO DOCUMENTO O DE AAE A XUNTA DE GALICIA

 

10/11/2010

 

9 de Noviembre de 2010.- O grupo municipal socialista presentou a través do sistema de participación dixital á Consellería de Medio Ambiente, varias consideracións para que sexan incluídas dentro do documento de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) do PXOM de Silleda.
O prazo para o remate de estas alegación acabou o pasado  7 de  Novembro e entre as variacións solicitadas está, a inclusión no mesmo da depuradora de Bandeira, das traídas  feitas con cartos de administración públicas, así como a contorna da Copa do Castro e dos Castro de Toiriz, para a súa protección medioambiental.
Tamén solicitaron a inclusión do Bosque de Cascaxide como zona a protexer, e fixeron especial fincapé na protección integral do ría Deza, o seu paso polo Concello, xunto coa delimitación real de todos os cotos de pesca incluídos os de pesca sen morte.
Outra dos comentarios que fixeron ao documento é a necesidade de delimitar axeitadamente os territorio municipal nos lindes con Forcarei e A estrada. Tamán salientaron a necesidade de incluir o Roteiro da Auga de Parada ou o entorno do Muiño de Covián.
Ademais presentaron unha segunda valoración na que se solicite se revise a proposta feita sobre as Areas industriais xa que  a proposta plantexada imposibilita a comunicación do Polígono de Silleda coa autoestrada Santiago - Ourense, e no caso de Chapa aboca aos empresarios a non poder medrar coas súas industrias.
Reunión a tres bandas
O grupo municipal socialista di que a reunión “a tres bandas, tránsfugas, BNG, e equipo redactor” que o goberno lle ofrece  ao Concelleiro do BNG para falar, segundo as  verbas do propio Concelleiro,  dos erros no documento de AAE,  non ten sentido unha vez rematados os prazos de alegación ao mesmo, cando o lóxico é que houbera presentado  en tempo en forma as súas consideracións perante a Xunta de Galicia para corrixir así os erros do documento “que é publico, o estaren colgado dende fai un mes na paxina web da propia consellería”.
Sobre mostrar o PXOM completo ao BNG, nesa xuntanza, recordan que no goberno socialista, invitouse en varias ocasión aos edís, tanto nos medios de comunicación como nos plenos,  a ver o PXOM nas dependencias municipais e que de feito foi  a edil nacionalista a única que acudiu, por iso agora, dende as filas socialistas, esperan que, “cando sexa o momento de abrir o PXOM a corporación” , a alcaldesa tamén o faga  con todos, incluíndo non so o PSOE, senón tamén o PP e o non adscrito, “claro é, se estes non o viron xa”.
ACHEGAMOS AGORA AS CORRECCIONS REMITIDAS A XUNTA

PRIMEIRA
Paula Fernández Pena, con domicilio a efectos de notificación en Rúa República Arxentina 18 de Silleda (Pontevedra ) na súa condición de veciña de Silleda, e portavoz do grupo municipal socialista ten a ben presentar as seguintes consideracións sobre o Documento de AAE do PXOM de Silleda:
No documento de AAE, no que teoricamente se teñen que recoller os datos medioambientais mais salientables do concello, non pode suceder que non se inclúa nin unha soa referencia sobre a nova Depuradora de Bandeira, recentemente inaugurada que foi financiada pola Xunta de Galicia, e que está prevista para dar servicio a 2.000 habitantes.
Outro dos extranos olvidos e non  mencionar no documento todas as traídas de auga que se fixeron nos últimos anos nas parroquias chegando a dicir que  todo o concello salvo Silleda e Bandeira se abastecen con pozos, como si non existisen traídas veciñais, ou traídas feitas nos últimos anos con cartos das administracións (dende a paxina 69 a 75)
Debería incluírse dentro das areas de maior interés paisaxístico ou natural o Bosque de Cascaxide, nomeado Bosque do ano 2008 polo Ministerio de medio Ambiente, así como as actuacións feitas con cartos europeos do Agader na Copa do Castro en O Castro, ou Castro de Toiriz en Silleda, sobre os que solo se fai referencia en planimetría coa protección arqueolóxica fixada por patrimonio, pero sobre os que non se fai ningún tipo de protección medioambiental.
Tampouco se inclúen outros elementos de recente construcción deseñados para potenciar o noso medio , como o Roteiro da Auga de Parada, unha inversión feita tamén con Fondos Europeos, ou a zona do Muiño de Covián recuperado a través dun Obradoiro de emprego, financiado pola Consellería de traballo.
Ademais de isto, non se teñen en consideración que  logo de anos de conflictos de lindes cos concellos de Forcarei e A estrada a única mención ao respecto sexa que non se entra cos concellos veciños en conflictos de clasificación de solo cando o conflicto de fondo está nos límites de dito solo.(paxina 110)
Outro elemento que debería ser corrixido do documento é que se destaca que  o turismo  verde está moi presente no noso concello gracias a oferta que proporcionan os cámping e os albergues  cando o único cámping que existe leva anos pechado, e dos albergues de peregrinos nada se sabe (páxina 24)
Na paxina 23 do documento debería incluírse a zona de coto de pesca sen morte existente no concello, así como establecer unha protección en todo o río Deza, que cabe recordar está incluído na Rede natura e sobre o que non se fai mención.

SEGUNDA
Paula Fernández Pena, con domicilio a efectos de notificación en Rúa República Arxentina 18 de Silleda (Pontevedra ) na súa condición de veciña de Silleda, e portavoz do grupo municipal socialista ten a ben presentar as seguintes consideracións sobre o Documento de AAE do PXOM de Silleda EN REFERENCIA A ANALISE DAS ALTERNATIVAS PROPOSTAS:
Na páxina 112 analízanse as alternativas propostas comparándose a alternativa que xa foi informada pola Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras, con número de expediente PTU-PO 08/042 o 24 de Xuño de 2.009, e unha nova proposta, presentada agora, para adaptalo a lei 2/14010, de 25 de Marzo, de medidas urxentes de modificación da ley 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio rural, na que ademais se recollen as correccións solicitadas pola administración autonómica no seu informe de Xuño de 2009.
Una vez revisados os cambios, detectase modificacións sobre a forma e a ampliación proxectada no  solo industrial próximo ao casco urbano de Silleda, que consideramos un erro de futuro que terá enormes consecuencias para o desenvolvemento socioeconómico dos empresarios e dos Silledenses. Cabe salientar que no informe de xuño de 2009 a única apreciación sobre o mesmo era positiva e en ningún punto do mesmo se cuestionaba nin a súa forma nin a  a súa implantación 
No prantexamento informado en Xuño 2009 a area industrial desenvolvíase ao longo da marxe dereita do río da Gouxa entre a N-525 e a Autoestrada Santiago – Ourense de xeito que se garantizaba a creación dun acceso rodado dende a saída desta vía de alta capacidade tanto para o novo polígono como para as dúas fases anteriores.
Lamentablemente esta proposta  foi alterada e agora deseñouse un polígono que se desenvolve somentes ao carón da N - 525 a ambas marxes do río da Gouxa, impedindo así a conexión coa Autoestrada, xustificandose, sen ningún pudor,  no documento de AAI que o cambio faise porque así se melloran as comunicacións (último párrafo da páxina 113 do AAI)
Consideramos prioritario que o polígono teña unha conexión directa coa autoestrada porque elo ía significar un maior volume de negocio e incluso a implantación de novas empresas xa que teríamos  un polígono moi próximo a unha cidade como Santiago  e conectada con ela por Autoestrada. O cambio prantexado,  vai a prexudicar claramente o futuro de este polígono e das empresas que se vaian a implantar en el.
Ademais disto, e recoñecendo que, no Informe previo remitido dende a Consellería de Medioambiente. Territorio e Infraestructura no ano 2009, se cuestionaba a creación dos solos industriais en Chapa e Lamela, porque dicía que esas industrias podían implantarse no polígono de Silleda, nese texto, non se negaba explicitamente a posibilidade da súa implantación se non, que dicía que  consideraban que non se xustificara axeitadamente nin a elección do seu emprazamento, nin as condicións de conexións  coas redes de infraestructuras e transporte, deixando así aberta a  posibilidade dunha xustificación posterior que permitise a implantación de estas dúas infraestructuras. Por iso consideramos necesario que se revisen estas zonas antes da aprobación do documento de AAI polas seguintes razóns:
No caso do polígono de Chapa, ten unha defensa  clara e fácil, xa que na zona están xa implantadas un gran numero de empresas, algunha de elas dende fai mais de 25 anos. Si o solo, non se cualifica como industrial, de acordo coa  lei 2/2010 do 25 de marzo de 2010, as naves existentes na zona so  poderán ser rexistradas no rexistro da propiedade como fora de ordenación e non poderán facer nin obras de melloras nin ampliacións nas mesmas, abocando coa súa decisión aos empresarios a non poder medrar no seu negocio.

Sobre o Polígono Industrial de Lamela, o ser  unha proposta feita por un grupo de empresarios que tiñan compromiso escrito de creación de novas industrias e consecuentemente postos de traballo, fai que nun momento de crise como este, deba ser unha proposta a avaliar entre os entes implicados neste proceso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera