21 de xuño de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / Xuntanza co Goberno sobre o borrador da

2010

Xuntanza co Goberno sobre o borrador da ordenanza de publicidade

Consideracións do PSdG PSOE na xuntanza co Goberno sobre o borrador da ordenanza de publicidade

 

15/11/2010

 


1.- Non entendemos porque non se convocaron ao resto das asociacións de veciños do Concello, xa que esta ten que ser  unha ordenanza para todo o municipio e se limita a xuntanza á asociación de veciños de Silleda-núcleo.
Debería terse avisado tamén, o mesmo que a asociación de comercio,   a asociación de empresarios que son os usuarios de publicidade estática igual que os comerciantes
2.- Sobre o borrador,

  1. E un documento que adoece de información sobre como se van a regular os espacios publicitarios municipais, por exemplo, as vallas situadas nos cruces, os taboleiros de anuncios…. Debería realizarse ademais unha ordenanza fiscal reguladora sobre o uso de eses espazos.

Pero ademais de non incluílo parece que nin sequera vai ser posible por que :
Se no artigo 5 di claramente que “as persoas físicas ou xurídicas que NON teñan carácter  de empresa publicitaria UNICAMENTE poderán solicitar a instalación de carteleiras , NOS BENS PROPIOS que utilicen  para o exercicio da súa actividade(…).  E dicir que os comerciantes e os empresarios silledenses somentes poderán anunciarse no seu local, ou finca ou contratar a una empresa de publicidade para que se instale nos bens municipais.
E no artigo 23 di que no solo de titularidade publica sura autorizable a instalación de carteis informativos, indicativos ou de señalización direccional con mención de marcas , distintivos, logotipos ou nome dos establecementos,  sempre que as mencionadas indicacións sexan consideradas de utilidade ou interese publico, turístico ou cultural. Non fala de anuncios de empresas ou comercios con fin lucrativo.

  1. En ningún momento se fai mención a publicidade dinámica… megafonía, reparto de publicidade na rúa, instalación de mesas ou casetas informativas
  1. Non hai un apartado de prohibicións xerais, como a publicidade enganosa, a subliminar, a de venta de alcohol ou tabaco en recintos onde esté prohibido o seu uso, en arbores, ….
  1. O único punto onde se fala da publicidade incontrolada e no artigo 4… se  quere impedir a publicidade incontrolada temos que empezar a analizar onde se vai a colocar toda esa carteleira e non so impedir que se coloque. Que pasa coas esquelas… son publicidade incontrolada? E os carteis das festas de verán???.

  1. Cometese erros como fixar en 25 m (7`plantas) a  altura mínima que teñen que ter os edificios nos que se pode instalar carteis na súa cuberta, ou dicir que non se poden instalar carteleiras nos edificio catalogados como monumentos historico-artisticos.
  1. No artigo 7 se di que poden autorizarse  soportes publicitarios para papel pegado o pintado en cerramentos de locais comerciais DESOCUPADOS e situados en planta baixa… eso si cun marco perimetral  que impida o desprazamento dos adhesivos….. en fin, esto é seguir autorizando a que a casa de segundo, pu o portal o lado de caixa nova, continúen  cheos de carteleira.
  1. No artigo 13, regulan que os carteis indicativos de un profesional, avogado, notario… as placas estas de 20x20 que se poñen o lado dun portal, estén sometidos a unha licencia. Como se abona esa licencia, como si fora unha obra menor?? Presentando un presuposto???. Debería regularse como todo anterior nunca ordenanza fiscal.
  1. No artigo 34 os rótulos dos contratistas, tamén están regulados por licencia… debe regularse o seu costo.

  1. No titulo VIII artigo 38.di que os terreos susceptibles de servir de emprazamento publicitario se recollen nun anexo…. Que non existe.
  1. As sancións limítanse as recollidas na lei do solo lei 9/2002, titulo VI capitulo III sobre disciplina urbanística, é dicir son as sanción que se poden impoñer por non ter pedida licencia. Debería recollerse un procedemento sancionador mais amplo… ¿Qué pasa cos repartidores que tiran os folletos diante dos portais? Que pasa cos que colocan o anuncios nas farolas ou no mobiliario urbano??
  1. O pago de licencia para as empresas publicitarias se regulan a través da lei do solo e pagaran solo pola licencia. Pagan por ocupación de vía publica?? Pagan por implantación do soporte? Pagan por un mes?. E necesaria unha ordenanza fiscal que regule a ocupación por metro cadrado e mes.

Os rótulos dos particulares deben ordenarse fiscalmente e pagar por metro cadrado e rúa na que estén implantados, non pode costar o mesmo un rotulo na Rúa Trasdeza que na Rúa Carballeira do Chousiño
PROPOSTAS

  1. Deixar sen efecto este borrador e facer un mais sinxelo no que se recolla axeitadamente o uso dos puntos municipais e se ordene con mais rigor a publicidade dos silledenses, comerciantes, particulares e empresarios. E que nun titulo independente se recolla as empresas publicitarias. Xa que o borrador parece feito para as empresas publicitarias

  1. Redactar unha ordenanza fiscal reguladora que recolla o cobro as empresas publicitarias, a utilización de espacios públicos para publicidade, e que se abra o debate sobre o pagamento dos rótulos dos negocios silledenses e os carteis de obra.
  2. Creación dunha ordenanza paralela que regule a recollida de residuos e a limpeza viaria. Esta ordenanza propoñemos que inclúa a lo menos as seguintes medidas extraordinarias:
Sobre o lixo
  • Establecer unhas normas de utilización dos contenedores con Horarios de recollida de lixo
  • Regulación da recollida de vidro porta a porta nos bares
  • Regulación de recollida de cartón en comercios e negocios porta a porta
  • Regulación do servicio de recollida de enseres porta a porta
  • Regulación da recollida dos animais domésticos mortos
  • Regulación  da recollida dos residuos de construcción e obra e  xeral, con identificación dos colectores de obra
  • Regulación da recollida de outros residuos: poda ou xardineira, pilas usadas, medicamentos, aceites, residuos sanitarios…
  • Promoción da separación en orixen
  • Establecer un regulamento de prohibicións… vertidos incontrolados, mover contenedores, manipular o lixo xa verquido, evacuar residuos pola rede de sumidoiros, baleirados de pinturas, aceites de motor…incineración de residuos….
  • Regular a instalación de novos contenedores co compromiso dos promotores dos novos inmobles a súa instalación antes da obtención da licencia de primeira ocupación

Sobre a limpeza das rúas

  • Facer unha ordenanza que regule a limpeza da vía publica como consecuencia do uso común xeral dos cidadáns, facendo especial fincapé na colaboración cidadán. Debemos ser os cidadáns os que observemos unha conducta encamiñada a evitar e previr a sucidade.
  • Ter claro na ordenanza o concepto de vía publica e mobiliario urbano, para establecer que todos aqueles que non sexan de responsabilidade municipal estén conservados e mantidos… xardiñeiras, bancos, parques, patios, galerías…

  • Regular a limpeza dos toldos, marquesiñas, quioscos, terrazas…
  • Regular a limpeza nos días de mercado e feira
  • Regular a limpeza dos talleres mecánicos nas beirarrúas
  • Regular a limpeza logo dun acto publico

  • Regular as fincas, e solares, os seus pechamentos e a obriga de mantelos limpo,
  • Regular os animais domésticos nas rúas
  • Abrir o debate sobre o establecemento tanto na recollida de lixo como na limpeza das rúas réximen sancionador

  1. Redactar unha ordenanza que regule o deber de conservación, da inspección técnica de edificacións e da declaración de ruína dos inmobles de Silleda.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera