11 de Noviembre de 2.010.- O grupo municipal socialista, responde as acusacións de edil nacionalista de estar utilizando información privilexiada para presentar as alegación ao documento de AAE, cando toda a información sobre o mesmo, está colgado na paxina web da Consellería de Medioambiente, na que ademais todos os cidadáns, incluídos él, podían incorporar de xeito telemático os seus comentarios, propostas ou suxerencias, “e iso foi o que fixo o grupo municipal socialista, traballar con rigor, localizar o documento e presentar propostas que o mellorasen, e non esperar a que rematara o prazo para pedir logo unha xuntanza, para falar del, cos tránsfugas e o equipo redactor ”
É incongruente que o edil se arrogue a petición dunha xuntanza co goberno para ver as liñas básicas do Planeamento, dicindo ao mesmo tempo que esperou a que o período de consultas sobre o AAE, que é o DOCUMENTO DE INICIO OU AVANCE DO PLAN, rematase, deixando así, entrever , a súa falta de intencionalidade por mellorar ou corrixir o este documento que ten como finalidade, servir de orientación á redacción do PXOM “é un sinsentido dicir que se quere ver o PXOM, e non darlle importancia ao AAE que é a súa base. ”
Salientan ademais que as razóns esgrimidas para solicitar esa reunión, están baseadas en que quere sacar conclusións sobre un documento, que según el, “no se coñece en profundidade”, por iso esta mesma mañá se lle enviou un mail ao edil co enlace da consellería onde está ubicado o AAE, informándolle que no mesmo aparecen non só, o plano xeral do concello coas propostas que fai Rey para incluir no PXOM ,senón tamén os planos da proposta redactada polo goberno socialista “e os pode comparar”.
Sobre as acusación de Matias de la Torre de que Paula Fernandez non lle deixou ver o PXOM en ata 6 ocasións, recórdanlle que tomou posesión como concelleiro o 24 de setembro de 2009, e que a moción de censura presentouse tan só 15 días despois “ o que fai bastante imposible que se houbera podido organizar unha xuntanza con el e o equipo redactor nese días” .
Supoñen os socialistas que as peticións as que fai referencia foron as que cursou cando aínda non era concelleiro, logo de que Fidalgo abandonara a corporación, e que o fixo como membro do BNG, polo que tiña os mesmos dereitos que o resto dos silledenses, que non é outro que ter que esperar a exposición pública, “ non por ser cargo orgánico dunha forza política se ten mais dereitos que o resto dos cidadáns”.
Lamentan os termos descalificativos utilizados polo edil e lle recordan que o PSOE fixo ata catro comunicados aos medios sobre o documento de AAE, e que por iso, se precisaban aclaracións ou acceso a documentación podía terse reunido con nós, en vez de andar pedindo reunións, según as súas propias verbas, con “persoas de mal vivir, con tránsfugas ou con egocéntricos”.
Sobre o goberno, esperan que, alomenos, cando se rematen os traballos de corrección do AAE, teñan a ben remitirnos as conclusións a todos os membros da corporación. Pero, como dende as filas socialistas, non se confía en que o fagan, xa presentamos o pasado 8 de novembro a petición de que se nos remitiran as suxestións ou propostas feitas sobre o mesmo, tanto de particulares, e outras administraciones públicas afectadas “por que nos, non esperamos nada de esta xente, coa que se soe reunir Matias”.