21 de xuño de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / AVANZA TRASDEZA / PELEGRÍNS DE PAPEL

PELEGRÍNS DE PAPEL

“PELEGRÍNS DE PAPEL”: UN PROXECTO DE PROMOCIÓN DA LECTURA DE AVANZA TRASDEZA

 

22/11/2010

 

A Asociación Avanza Trasdeza no seu obxetivo de apoio as necesidades culturais da poboación municipal, busca promover o encontro e a participación dos cidadáns silledenses en torno a lectura como forma de contribuír ao enriquecemento cultural e a recreación das persoas do Concello, para eso vai desenvolver un proxecto de animación a lectura co nome de  “Pelegríns de Papel”.


Entre moitas outras posibilidades de acción no campo educativo e cultural, Avanza Trasdeza,  optou nesta ocasión polo fomento do hábito da lectura pola convicción de que esta é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento da personalidade, e tamén o é da socialización como elemento esencial para convivir en democracia e manexarse na sociedade da información.

 

“Pelegríns de Papel” é unha pequena biblioteca itinerante que irá pasando por diversos lugares para levar cerca da xente os libros e a lectura. Para elo, cóntase cunha colección de libros para lectores de todas as idades, que se formou con doazóns particulares e irase incrementando coa colaboración dos propios participantes.

 

“Pelegríns de Papel” diríxese a toda a poboación do municipio e os obxectivos que pretende conseguir son:


·         Achegar o libro e  a lectura a toda a pobación.
·         Desenvolver o gusto pola lectura e mellorar as habilidades dos lectores.
·         Fomentar a colaboración e a alianza entre diversas entidades e con particulares para traballar conxuntamente polo ben colectivo.
·         Priorizar a participación de nenos, mozos, maiores e a poboación inmigrante.
·         Priorizar o uso do galego, sen prexuízo da presenza de títulos e actividades en castelán.

 

“Pelegríns de Papel”, comezará o seu funcionamento cun punto de lectura móbil ubicado en sitios estratéxicos,  en datas que se anunciarán no seu momento no programa correspondente. Pouco a pouco,  segundo as colaboracións que se reciban,  iranse colocando outros puntos de lectura fixos ata chegar a todas as parroquias do  Concello.

 

No Punto de Lectura as persoas que o desexen poden coller o libro que queiran e levalo para lelo, devolvendo o que leven cando o acaben deixando outro a cambio. Haberá tamén sesións de animación a lectura con actividades dirixidas para nenos, mozos e adultos .

 

Neste proxecto pódese participar de moitas maneiras: levando e lendo libros, asistindo as actividades de animación á lectura que se organicen, solicitando un punto de lectura para poñelo no seu negocio ou na súa casa,  doando libros, axudando a  facer actividades  nos puntos de lectura ou  informando a outras persoas para que tamén participen.

 

A intención de Avanza Trasdeza é manter esta actividade de forma permanente ainda que o seu funcionamento sexa , nun principio, intermitente.

 

Dende Avanza queremos agradecer a todas as persoas que nos doaron os seus libros, o apoio económico de “La Caixa”, un agarimo especial a dúas persoas que coa súa inestimable axuda fixeron posible este proxecto, imposible esquecernos do creador do “libro itinerante”, moitas grazas, xa que sen eles isto non sería posible.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera