Home / ESTOXO / 2010 / MOCIÓN CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA
MOCIÓN CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O PSDG PSOE DE SILLEDA PRESENTARÁ NO CONCELLO UNHA MOCIÓN CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
24/11/2010
23 de Novembro de 2.010.- O Psdg Psoe presentará unha moción no concello de Silleda na que propón un acordo plenario polo que se insta ao Goberno Autonómico a promover, a través dos medios públicos de comunicación, programas específicos de sensibilización da sociedade contra a violencia de xénero a fin de contribuír de xeito decisivo á erradicación desta terrible secuela. Ademais instase tanto ao Goberno Central como ao Autonómico a realizar un estudo socio-criminolóxico sobre violencia de xénero a fin de pór de manifesto a realidade existente sobre esta terrible problemática.
Pedimos ademais que o Goberno Autonómico cumpra os Acordos que, sobre protección de menores expostos a contornas de violencia de xénero, foron asumidos polas Comunidades Autónomas na reunión do Sectorial de Igualdade celebrado en abril deste ano 2010, coa posta en marcha do sistema de protección especializada de menores e de elaboración do Protocolo de atención aos mesmos.
E por último instamos ao Goberno Autonómico para conseguir unha maior formación especializada e unha maior implicación da Policía Autonómica na protección das víctimas de violencia de xénero. Dende o Grupo Municipal socialista confían en que todos os concelleiros voten a favor de esta proposta “e deixemos de ser o único concello de Galicia que por culpa da súa Alcaldesa vota en contra de iniciativas contra unha lacra como esta”. Axúntase ademais o texto integro da moción como arquivo adxunto.
Arquivo Adxunto:
Descargar
MOCIÓN CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
|

|
|