24 de febreiro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 25-11-2010 / Preguntas Pleno 25/11/2010

PLENO 25-11-2010

Preguntas Pleno 25/11/2010

Preguntas e Respostas que se presentaron o Pleno do día 25 ne novembro de 2010. As repostas non hai nin por onde collelas

 

24/11/2010

 

Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda, presenta para a súa resposta no vindeiro Pleno do 25 de Novembro de 2010 as seguintes cuestións:

 

1.- O pasado 9 de Agosto, Rey fixo público que a Deputación de Pontevedra íase encargar  da dotación de alumeado público nas beirarrúas de O castro, “nas vindeiras datas”, e como é o seu costume botándolle todos os males o goberno socialista cando foi a Deputación de Pontevedra a que deixou a obra inacabada. Logo de 3 meses transcorridos e sen que nada se saiba das farolas, queremos saber:


 ·         Podería cuantificar que significa exactamente  o termo “nos vindeiros días” para vostede, 4 mes… 5 meses… 1 ano?

·         Coñecen xa con un pouco mais de exactitude cal é a vindeira data na que as van a instalar?


 

Nos “vindeiros días” significa en breve


 2.- Fai uns meses comezaron a construír un vial que da servicio a unhas granxas sitas no lugar de Arcos. Queremos saber:


            A cantos veciños da servicio este vial?


            A Parroquia


            Porque non se continuou este vial, tal e como reclamaban os veciños ata Ponte Muiños, conectando con somentes 145 metros de vía a maiores os  lugares de Arcos  e Penadagra co de Fiestras


            Xa Está.


3.- Na rotonda de Laro están a investir 55.000 euros para a súa teórica mellora. Esta cantidade de cartos semella que se van a empregar exclusivamente en  desprazar 20 cm. o bordo de beirarrúas para que xiren mellor os vehículos. Que obras a maiores se van a executar con cargo a ditos cartos?

Desprazase un metro. Vanse facer camiños de servicios e entradas das casas na casa da Gouxa.


 

4.-Fixeron algunha xestión mais, respecto a captación de auga de Cortegada, mais aló de crear unha comisión para a súa xestión? Buscouse financiamento para as obras?


 


 

5.-Poden dicirnos en que fase está a negociación que segundo vostedes fai uns meses estaba xa cerrada co BSCH?


 

En breve se dará conta de dita negociación.


 

6.- Poden dicirnos por que se nos nega sistematicamente o acceso á documentación que solicitamos como concelleiros electos democraticamente?


 

Non é verdade. Onte mesmo o puido comprobar.

 

7.-Tendo en conta que en Xullo de 2009, O concello de Silleda e a Consellería de Medio Rural redactou o proxecto de mellora de pistas que inclúen obras nos lugares de Pedrouzo e  santa mariña, en Grava, en Parada, Riocalvo, A Moa, e Bandeira en Manduas etc...financiadas a través dun convenio asinado entre o MARM e a Xunta de Galicia. Queremos saber:


 
  • Para cando esta previsto que comecen ditas obras?

       Pronto.


 
  • Por que motivo retrasouse a execución do proxecto tanto tempo?

Supoño que por falta de presuposto.


 
  • Dentro do convenio asinado entre Xunta e Marm, estas obras  foron financiada integramente polo MARM?

Non


 
  •  Foi o Concello quen adxudicou as obras?
  • Por que se lle adxudica estes traballos a unha empresa que non está especializada en obra pública?.

          Pregunte a quen os adxudicou.


 

8.- Que partidas foron as realmente executadas nas obras do campo de fútbol de bandeira o abeiro do Plan E, xa que vese con claridade que non son coincidentes coas recollidas no proxecto técnico?


 

Diga vostede porqué o di.


 

9.- Que partidas foron as realmente executadas nas obras do pavillón polideportivo de Silleda, xa que vese con claridade que non son coincidentes coas recollidas no proxecto técnico?


 

A qué se refire.


 

10.-Porqué na rotonda da gasolineira de Silleda operarios municipais fixeron traballos de limpeza e mellora da mesma antes de que a empresa a entregase ao concello?.  Que partidas foron realmente executadas na mesma, xa que vese con claridade que non son coincidentes coas recollidas no proxecto técnico.


 

Minte. Xustifique esa afirmación.


 11.- Ao abeiro do Plan Anticrise da Deputación o goberno socialista presentou un proxecto de mellora do campo da festa de Grava. Cando van a empezar estas obras.

 

Cando estea adxudicada.


 

12.- Que pagos  se lle fixeron, e a que mensualidades correspondes o longo de  este ano ás seguintes empresas:Hidroeléctrica de Silleda, Sogama, Celta Prix e Secope


 

Está todo nas actas.

 

Se están abonados os pagos pendentes as mesmas empresas e que foron recollidos nos expedientes extraxudiciais de crédito aprobados en pleno no ano 2010 e a súa cuantificación exacta?


 

Refírese a que vostede non recoñeceron no 2009.


 

13.-Cal é o numero de multas impostas pola policía local, así como a contía das mesmas correspondentes ao ano 2010?


 

Está nas actas.


 

14.-Sabendo que por parte dos veciños de Grava reclamouse no concello o bacheo da pista que une os lugares de Outeiro e a Quenlla, Porqué non se atendeu a dita reclamación?


 

Estase a atender


 15.- Na Ronda de outeiro, que se encontra en obras actualmente, observamos que no se realiza ningún tipo de mellora en varios dos servicios básicos de dita rúa, e ante a negativa de deixarnos ver o proxecto, queremos saber:  
  • Pediron previo as obras  algún informe técnico  sobre el estado do alcantarillado? E se  é  así, que técnico redactou dito informe?
  • Conta esa rúa coa necesaria canalización separativa de pluviais e fecais?
  • Leva instalación de servicios básicos, como la canalización de gas por ambos lados? 

    Xa lle enviaremos o proxecto e sairá de dúbidas.

     

    16.- Recentemente a empresa Repsol Butano acometeu la instalación da súa rede por un tramo do marxe esquerdo na Rúa Ramón de Valenzuela en Bandeira.


     
    • Saben vostedes que en dita actuación anularon parte da rede de augas pluviais de dita rúa?

    Non é de todo verdade.


     
    • Debido ao grave dano que esto esta ocasionando a los usuarios de dicha calle, creemos de extrema urxencia solucionar este problema, por lo que lle preguntamos: Que fixo o Concelleiro  responsable para solucionar el problema?

    Sí, aglomerado máis alto.


     
    • Onde estaba el concelleiro de obras, mentres una empresa privada anulaba servicios municipais con total impunidade?

    Traballando.


     
    • Saben vostedes que queda un edificio no  centro do pobo, cuxos veciños queren subministro de gas, sen servicio?
    • Saben que existía un acordo de colaboración entre concello e empresa para darlle servicio a ese edificio?
    Si coñecen este acordo díganos: por que non se materializou?.

    Que xestións se fixeron ante a empresa para conseguir dotar de gas a dito inmoble?


     ¿A qué edificio se refire?

     ¿A qué edificio se refire?


    17.- Fai un tempo atrás comprobamos como anunciaban na  prensa que o concello coa colaboración da Deputación, abriría un acceso que va desde la curva da ferradura ao campo da festa en Grava. Queremos saber


    Por que se parou este acceso na metade do camiño?
    Por que non se termina unha obra antes de empezar a outra?
    Pregunta para o concelleiro de obras: Deixa vostede na súa casa tódalas tarefas a medias?

    Todo se rematará ao seu tempo.


     

    18.- Asinouse un convenio coa empresa Unión Fenosa, para facer unha serie de obras de mellora no centro Social de Cira. Queremos saber:


     A canto ascendeu economicamente dito convenio.

    Como foi o Concello o que contratou os traballos, a canto ascendeu dito contrato


     O concello non contratou nada. Case 50.000 €


                                             En Silleda a 25 de Marzo de 2010. A portavoz Socialista

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera