22 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 25-11-2010 / Moción Redes Sociales

PLENO 25-11-2010

Moción Redes Sociales

Esta Moción do Partido Socialista foi rexeitada no pleno, porqué o concello está a traballar, con cargo ao erario público, nunha web de comercio e turismo do noso concello, polo que demostran o descoñocemento acerca de como funcionan ás redes sociales e que a mayoría son gratuitas, como Facebook ou Twitter

 

26/11/2010

 

Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda, presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do concello a seguinte:


A implantación das redes sociais e cada día mais potentes e moitos dos cidadáns Silledenses conviven xa a cotío con elas. Estas redes deberían ser utilizadas polo goberno poñendo a disposición dos Silledenses unha plataforma de información que promova o comercio e as empresas do noso Concello.


A proposta do grupo Municipal socialista é que se aproveiten as redes socias para que poidan estar asociadas a Web municipal como ferramenta de traballo e interrelación entre os comercios e empresas Silledenses creando así unha  REDE DE COOPERACION LOCAL.


Esta rede servirá como plataforma para publicitar calquera actividad ou evento de empresas ou comercios con sede en Silleda ou que celebren eventos en Silleda incluíndo na Web municipal e enlazando esta cun facebook municipal, na que coa periodicidade que soliciten os comerciantes se emitan eventos ou anuncios do seus productos.


Esta nova ferramenta pode permitir, ademais, configurar un espazo de colaboración, no que coñecer o que outras empresas e institucións están facendo en cada momento, axudando a que calquera veciño poida atopar o que busca en Silleda a golpe de Clic no seu ordenador e dende unha mesma plataforma.

 

A creación da REDE DE COOPERACION LOCAL, terá como  obxectivo favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial e comercial Silledense  a través da colaboración entre o mundo empresarial, o comercial e o Concello de Silleda.

Por todo elo, propoñemos ao pleno a adopción do seguinte acordo:

 

1.- A creación da rede de cooperación local na que a través das redes sociais promoverán de xeito unánime toda a potencialidade comercial e empresarial do noso concello.


2.- Instar ao concello a planificación de novas accións vinculadas a esta Rede de cooperación local en consenso coas asociación tanto de empresarios como de comerciantes existentes no termo municipal.

 

3.- Instar a Dirección Xeral de Comercio para obter a financiación suficiente para a posta en marcha de esta iniciativa

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera