11 de decembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA INICIA EN G

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA INICIA EN GRAVA UN PROCESO DE VISITAS AS PARROQUIAS PARA AVALIAR COS VECIÑOS AS OBRAS PENDENTES DE EXECUCIÓN

FALOUSE DAS EMENDAS PRESENTADAS POR PARLAMENTARIOS SOCIALISTA PARA A INCLUSIÓN DAS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS DE GRAVA E OLEIROS NOS ORZAMENTOS DA XUNTA

 

04/12/2010

 

3 de decembro de 2010.- O grupo municipal socialista convocou unha primeira Xuntanza  cos veciños de Grava a que asistiron preto de 40 persoas para avaliar con eles os traballos executados e os pendentes de iniciarse.
Entre os temas que entraron a debate tratouse sobre a mellora do Campo da festa de Grava, un proxecto presentado polo executivo socialista no Plan anticrise da deputación cuxo comezo esperan sexa inmediato. Esta obra farase no terreo que foi comprado a unha veciña da localidade no ano 2009,  xunto con outro espacio de menor dimensión que se adicará a aparcamento e que foi doado por outro veciño.
Falouse ademais das obras de mellora das pistas de Santa Mariña e Pedrouzo, financiadas polo Ministerio de Medioambiente medio rural e mariño a través dun convenio asinado coa Xunta de Galicia, unhas obras que podían ter sido iniciadas xa case fai un ano e que o Goberno de Silleda non impulsou
Durante a Xuntanza os veciños preguntáronlle aos concelleiros sobre a Concentración parcelaria, xa que a pesar de existir un compromiso para a exposición da planimetría executada no terreo en Xaneiro de 2010, nada mais se soubo. Se lles informou que lamentablemente o Goberno da Xunta non incluíu nin esta concentración nin a de Oleiros nos orzamentos do ano 2011, pero que, a petición do Grupo municipal o grupo parlamentario socialista presentou unha emenda aos mesmos, para actuacións en concentracións parcelarias por importe de 3.344.770 €,  e que inclúen as  dúas concentracións “esperamos que o goberno da Xunta acepte esta emenda e a concentración parcelaria de grava continúe o seu proceso”.
Os concelleiros  puxeron ademais enriba da mesa o traballo feito na parroquia estando no goberno así como o que se está a desenvolver  dende a oposición a través de mocións e preguntas para seguir reclamando melloras para a parroquia.

Na xuntanza interviron , Paula Fernández, Manuel Cuiña  e Antonio Couso, o representante dos socialistas en Grava.

 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera