17 de Decembro de 2010.- Os Concelleiros Socialistas Silledenses, denuncian que os 3,51 km que van ser transferidos dende a Xunta de Galicia á Deputación de Pontevedra da carretera PO-211 que vai á estación de Ferrocarril de O Castro, presenta un estado deplorable sobre todo no tramo dende o lugar de O castro á propia Estación.
Por iso solicítanlle á Concellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras que a arranxe antes de efectuar o seu traspaso, xa que dubidan, que si a Deputación asume esta vía tal e como está, a vaia a mellorar de xeito inmediato, polo que “ó final serán como sempre os cidadáns silledenses os que sigan a sufrir o estado da carretera”.
Sobre o tramo da PO210 ata a Estación de Ferrocarril da Bandeira con unha lonxitude de 2,01 km, di que “aínda que o estado da capa de rodadura si é mellor, é necesario facer nel unha apertura de cunetas antes da transferencia”, mantendo o mesmo criterio de que debe de ser a Xunta a que se faga cargo destes gastos.
Dende o Grupo municipal pídese ao goberno de Rey que vele porque a transferencia destas vías se faga do xeito que os cidadáns de Silleda saían máis beneficiados, “teñen que esixir na Xunta que a cesión das vías se faga con garantías de uso, e se non o consigue, loitar por un compromiso de arranxo inmediato por parte da Deputación”.
Por outra banda os socialistas mostran a súa sorpresa de que a deputación esté a colocar nestes días carteis indicativos de dirección no vial de Cachafeiro a Silleda co seu logotipo, cando en breve, vai pasar a mans da Xunta de Galicia, quen de seguro colocará novas sinais indicativas coa súa imaxe. “Este concello ten moitos sitios nos que invertir sen andar malgastando o erario público”. Achéganse fotografías dos novos carteis.