16 de decembro de 2010.- O Secretario de Medio Ambiente Socialista, Luis Rodríguez, volta a denunciar a continúa aparición de vertedoiros incontrolados en todo o Concello, logo de que o goberno suspendera a recollida de enseres Porta a Porta impulsado polo goberno socialista.
Lamenta Luis Rodríguez que estes vertedoiros, a pesar do dito polo Concelleiro de Medio Ambiente, non se están a limpar, e que agora chegan incluso as proximidades dos cascos urbanos como é o caso da pista que une a circunvalación cara a Semana Verde e o entorno do Hotel Katiuska “Dende Concello non se tomen en serio as políticas medio ambientais, e iso nos condena a situacións lamentables como estas” .
O secretario de Medio Ambiente solicita aos cidadáns que utilizan estas práctica que deben evitalas para manter manter limpo os nosos espacios naturais, o noso concello, “é fundamental para todos, sen esquecer que debemos dar bo exemplo os máis novos”.