21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2009 / O PSdG-PSOE DE SILLEDA “POUCO SORPRENDID

2009

O PSdG-PSOE DE SILLEDA “POUCO SORPRENDIDO” DE QUE A ALCALDESA MANTEÑA A GERARDO LÁZARA COMO REPRESENTANTE MUNICIPAL NO GDR22

02/12/2009

 

2 de decembro de 2009.- O Partido Socialista de Silleda ven de valorar “pouco sorprendente, por pouco inesperado” a decisión da Alcaldesa de apoiarse no edil Gerardo Lázara para representar ó Concello de Silleda no GDR22.

O anterior executivo tiña como representante a Paula Fernández como Alcaldesa de Silleda, quen ademais convertérase na vicepresidenta do grupo, e a Gerardo Lázara, como suplente. Co cambio de goberno a Alcaldesa tivo que nomear un novo representante, e optou por manter a Lázara “polo que agora el tomará as decisións , e votará polo Concello de Silleda en calquera acordo que se adopte no GDR”.

“Agora si que a Alcaldesa se fixo coas catro patas do banco....Roucho, Javier Cuiña e Gerardo...traballando cóbado con cóbado xunto a ela”.

Esto é algo que non sorprende, xa que as “boas relacións” que se percibían entre a Alcaldesa e o non adscrito, tiñan que ter e súa recompensa. “Agora esperar a que non lle dean algunha área máis.”

Sobre toro, o que máis lamentan os socialistas é que dende o novo goberno non se demostre un interese claro na participación do GDR, órgano que pode acadar importantes investimentos para Silleda.

Por todo isto, o PSdG-PSOE pídelle explicacións á Sra. Alcaldesa para saber se este nomeamento vai ser definitivo, e que argumente claramente os motivos polos que decidiu que Gerardo Lázara era o mellor dos concelleiros para representar ó Concello de Silleda.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera