22 de decembro de 2010.- O Grupo Municipal Socialista silledense, denuncia que onte no pleno do parlamento galego, o PP votou en contra da inclusión nos orzamentos da construcción do Centro de Día Residencial ,a finalización do Centro Vista Alegre de Bandeira, ou para as concentracións parcelarias de Laro e Grava, tal e como solicitara os parlamentarios socialistas “isto é un feito lamentable, porque deixan a Silleda sen posibilidade económica para desenvolver estas infraestructuras”.
Din tamén que a pesar do chamamento que se fixo ao goberno municipal e ao grupo municipal do PP para que evitaran este voto en contra, non fixeron nada para evitar que esto fora así, “ e agora os silledenses quedamos sen cartos no presuposto da Xunta”.
Crítican que dende o goberno non se houbera feito forza para incluir algunha partida ou infraestructura no documento, “é incrible que o concello veciño Lalín teña incluído máis de dous millóns de euros nos orzamentos e que Silleda non teña nada”. Din que a deixadez e a falta de previsión de Rey e o PP local “foi evidente, e nos levou a esta situación”.