14 de decembro de 2010.- Avanza Trasdeza, grazas ó grande éxito conseguido ata agora no traballo realizado no “Portelo Social”, informa do novo horario de atención ó público que será de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h.
No “Portelo Social”, traballa unha persoa que estará disponible en todo intre de todos os silledenses que se acheguen a solicítalo para resolver dúbidas, preguntas, inquedanzas de tipo social, económico, laboral, educativo… como para suxerir novas actividades. Nesta oficina os vecinos e veciñas encontraran toda a información para axúdalos en calquera xestión ou trámite que teñan que realizar.
Para calquera outro tema que lles preocupe ás persoas do noso Concello, ou queiran saber máis, Avanza Trasdeza ponse ó seu dispor para levar á súa parroquia a persoa ou persoas que lles despexen todas as dúbidas.
O “Portelo social”, pretende seguir servindo de centro canalizador e vertebrador de información para toda a comunidade silledense de forma totalmente gratuita, podendo atopar así nun único punto toda a información que os cidadáns poidan precisar.
Para solventar as dúbidas poden dirixirse as nosas oficinas sitas en Rúa República Argentina, nº 18 baixo, Silleda, a través do correo electrónico avanzatrasdeza@hotmail.com.
Máis información en: www.avanzatrasdeza.org ou http://facebook.com/avanzatrasdeza.