21 de xuño de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / AVANZA TRASDEZA / PELEGRÍNS DE PAPEL, A BIBLIOTECA ITINER

PELEGRÍNS DE PAPEL, A BIBLIOTECA ITINERANTE DE AVANZA TRASDEZA XA TEN INSTALADOS CINCO PUNTOS DE LECTURA PERMANENTES.

Pelegríns de Papel xa ten instalados cinco puntos de lectura en distintos establecementos do noso Concello.

 

27/12/2010

 

17 de decembro de 2010.- AVANZA TRASDEZA comunica  que dentro da a actividade PELEGRINS DE PAPEL instaláronse xa os primeiros cinco puntos de lectura fixos en varios establecementos de hostalería do noso Concello.

 

Nestes puntos, os cidadáns poderán atopar  libros de todo tipo, para nenos, mozos  e maiores, que poderán coller, léelos e devólvelos ó rematar, ou entregar outro libro que cada quen desexe a cambio.

 

Os locais que solicitaron a instalación dos “Puntos de Lectura “ son  o Café bar Debi@n, Café bar  Fada de Xeo, e no Pub Moe´s en Silleda, Bar A de Mory en Bandeira e o Restaurante O Pino en Chapa, “dende a Asociación agradecemos publicamente a súa participación e implicación neste proxecto” dí Pili Peón , presidenta do Colectivo AVANZA TRASDEZA.

 

AVANZA TRASDEZA tamén  informa que calquera cidadán poderá solicitar Puntos de Lectura tanto sexa para as súas casas como negocios a través do correo electrónico avanzatrasdeza@hotmail.com  ou no teléfono 986 58 04 36.

 

A biblioteca itinerante voltará as rúas en poucos días, e  mentres,  quen o desexe,  tamén poderá intercambiar  libros na sede de AVANZA,  na Rúa República Arxentina nº 18 de Silleda.

 

PELEGRINS DE PAPEL, é unha actividade que  naceu co obxectivo de apoiar ás necesidades culturais da poboación promovendo o encontro e a participación dos silledenses en torno á lectura como forma de contribuír tanto o noso  enriquecemento educativo como cultural.

 

AVANZA TRASDEZA optou por esta actividade xa que a lectura é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento da personalidade, e tamén o é da socialización como elemento esencial para convivir en democracia e manexarse na sociedade da información.

 

Máis información en www.avanzatrasdeza.org ou http://facebook.com/avanzatrasdeza.

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera