24 de febreiro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 27-01-2011 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA ABANDONA O

PLENO 27-01-2011

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA ABANDONA O PLENO DA CORPORACIÓN.

A falta de información sobre as cuestión económicas foi o motivo. Denuncian que quedaron sen pagar servicios polos que os cidadáns pagan tasas.

 

28/01/2011

 

27 de xaneiro de 2011.- O grupo municipal socialista abandonou hoxe a sesión plenaria logo de debater todos os puntos da orden do día e cando se empezaban a falar das xuntas de goberno e das resolución da Alcaldía, como medida de protesta ante a falta de información por parte do Concello en referencia ás cuestións económicas “o que nos levou a  asistir a un recoñecemento que arruinará a Silleda”.

Os socialistas alegaron que levan meses pedindo explicacións sobre a situación económica do Concello e que “nunca se nos facilitou nin unha soa factura” e  recordan que no mes de xuño pedíronlle ó entonces alcalde en función Javier Presas o avance da liquidación do 2010 “uns datos que houberan podido detectar  a situación antes de chegar a deber  mais de 100 millóns de pesetas “ e que ata o momento non foi entregada.

Anunciaron , antes de abandonar o salón plenario,  que o Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra, admitiu a trámite un proceso contra Ofelia Rey por “vulneracións dos nosos dereitos fundamentais como concelleiros” o impedirnos rotundamente o acceso a calquera tipo de información, ou o darnos resposta ás preguntas do pleno con comunitarias fóra de lugar.

Contido do pleno

Sobre o contido do pleno salientar que á vista do “terrible recoñecemento extraxudicial de máis de 100.000.000 pts. De facturas impagadas” caben varias conclusións “que os silledenses pagan por servizos que o concello non abona” ou que “adicanse a facer propaganda barata, anunciando servizos, vendendoos nos medios, e logo non pagando os “ pero para os socialistas o peor é que “voltarmos definitivamente aos peores dous dos goberno de Roucho”.

Destacaron facturas sen pagar, “máis aló dos servizos básicos como luz ou o gasoleo” as seguintes:

-          Aparecen impagadas facturas de supermercado correspondentes aos alimentos do almorzo do Cascarón a pesar de que os país pagan tasas.

-          Non se abonaron os cursos nin de deportes, nin de cultura a pesar de que os cidadáns abonaron tasas por asistir.

-          Non se abonaron as actuacións nin dos nosos colectivos culturais, nin das carpas nin os dúos das festas parroquiais. Tampouco se abonou o autobus da Viaxe da banda a Altea.

-          Acusaron o executivo de presumir que organizaron a Romería do Rapaz máis barata, cando non a pagaron.

-          Denuncian ademáis que non se abonou o gasóleo nin da galescola nin do centro médico.

-          Denunciaron a propaganda barata que fixo a alcadesa no nadal regalando libros aos nenos que non pagou.

Ademais, lamentaron que quedaran moitas facturas aínda sen recoñecer para “utilizar comno arma arroxadiza contra nós antes do proceso electoral”, correspondentes a facturas do ano 2009, cuia responsabilidade de pagamento correspondía a Rey, por iso esixímoslle o seu recoñecemento e puxémonos á súa disposición para aclaralas “todas e cada unha delas, porque nós non temos nada que ocultar”.

Os socialistas xustificaron o seu voto como abstención porque:

1.       Con este recoñecemento non se garante que os provedores poidan cobrar.

2.       Porque este recoñecemento aboca o Concello á ruína económica.

3.       Porque faltan aínda máis facturas por saír á luz.

Sobre o Contencioso Administrativo.

O ocultismo na información foi unha constante dos últimos anos con Ofelia Rey encabezando o goberno. Amparándosen unha estrataxema que lle permite a Lei, en cada solicitude que se lle fai  nos contesta por escrito e dentro dos 5 días que marca a lei, dicindo que a pesar de que temos dereito a recibir información “ela considera que colapsamos os servizos municipais” e que polo tanto nos nega dito dereito.

Con esas probas presentamos ante o Tribunal Contencioso Administrativo de Pontevedra unha denuncia contra Ofelia Rey por vulneración dos nosos dereitos como concelleiros que foi admitida a trámite e que se espera se resolva o antes posible.

Sobre a información económica non recibida

 No 1 de xuño de 2010 coa alcaldesa de baixa, solicitamos ao entonces Alcalde en funcións Javier Presas que nos entrega un avance da liquidación do ano 2010, documento co que poderiamos ter detectado “este descalabro económico”.

Presas “esqueceu” mandarnos a carta negándose a entregarnos a documentación, e polo tanto a lei permítenos solicitarlla directamente ó xefe do departamento, neste caso a Interventora Municipal.

Diriximos en moitas ocasións a interventora, e sempre nos deu escusas de que non a tiña rematada, cando era a súa obriga entregárnola. Esperamos pacientemente ata que rematou o exercicio 2010, manténdose a mesma actitude, polo que, o 20 de xaneiro, presentouse no Concello un escrito dirixido a Sra. Interventora solicitándonos que ou se nos entregan os datos en 3 días ou que iniciaríamos contra ela as medidas xurídicas e administrativas ás que tiveramos alcance.

A día de hoxe, se continúa por parte da alcaldía a entorpecer e impedir o acceso a esta información económica que refrexará claramente cal é a situación actual do Concello.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera