24 de febreiro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2011 XANEIRO / PAULA FERNÁNDEZ PENA, LAMENTA QUE DE NOV

2011 XANEIRO

PAULA FERNÁNDEZ PENA, LAMENTA QUE DE NOVO SILLEDA TEÑA QUE SUFRIR AMEAZAS DO CORTE ELÉCTRICO POR IMPAGOS.

Cuestiona a capacidade de xestión de Rey e o seu ocultismo.

 

29/01/2011

 

26 de xaneiro de 2010.- Paula Fernández, portavoz socialista, lamenta que de novo Silleda se vexa sometida as ameazas de cortes de luz por impagos provocados pola falla de  capacidade de xestión dun goberno que non foi quen nin de xestionar os pagos, nin de chegar a acordo de retraso nos mesmos, nin tan sequera de poñerse en contacto coa subministradora.
Lamentan ademais que Ofelia Rey, en vez de dar explicacións se dedique a  ocultar a súa xestión con insinuacións estrañas sobre os pagos feitos no período socialista. " A hidroeléctrica ameaza con cortar a quen non lle paga, ameazou con Roucho, e agora ameaza a esta simbioses de independentes e PP, nunca tivo necesidade de ameazar ao meu goberno".
Recorda que na aprobación do orzamento do 2010 xa se lle advertiu que non ían ter cartos para pagar a luz logo do mes de maio, “daquela Javier Cuíña chamounos catastrofistas e queda claro que aínda fomos ben positivos porque se lle acabaron dous meses antes do que nos preconizabamos".

Di tamén que levan dende o mes de xuño pedíndolle ao goberno que lles facilitase unha avance da liquidación do 2010 " agora descubrimos porque non queren entregárnola". Recordan que  no período 2007 ao 2009  todas as contas xerais foron positivas e foise reducido o remanente de tesourería " no 2010, visto o visto, voltamos as débedas e os impagos, é unha vergoña".
 
Para Paula Fernández, isto "e volver ao peor do pasado, tantos esforzos feitos, tirados polo chan", e augura que o problema non vai rematar aquí, "con este recoñecemento tan monstruoso van deixar o 2011 sen cartos, nin para pipas".

Ademais cuestionan a integridade moral de Rey que volta a mentir cando di que Paula Fernández fixo recoñecementos no 2009 por maior importe, “cando os únicos recoñecementos de facturas impagadas que fixemos foron no 2007, por 70.000 € e 80.000 € de facturas pendentes da época de Roucho e incluso da de Salgueiro”.  
Paula Fernández di que a cidadanía esta farta das mentiras de Rey, "todos os provedores saben que nos pagamos, os silledenses saben que nos pagabamos, como agora saben que Ofelia minte", e por iso esíxenlle a Rey explicación claras de cómo se fixeron os gastos no ano 2010 “mirando as facturas do recoñecemento parece que non pagaron nada, pero cartos non hai, deberían dicir onde foron”

Sobre a acusación de utilización dos datos económicos con fins electoralistas, a portavoz socialista di que "pensa o ladrón q todos son da súa condición" e denuncia que quedan aínda facturas do 2009 que tiñan que estar recoñecidas ou pagadas e que "o goberno pretende ocultalas nun claro exercicio de política de baixura para utilizalas nas previas da campaña electoral".
 
As facturas que seguen pendentes de recoñecemento por non ter sido pagadas antes do remate de ano 2009 polo executivo de Rey,  corresponden a aumentos de obra tanto da Rúa Santa Olaia, como nas  obras das pistas feitas por todo o Concello porque foron xurdindo incrementos de medición o substitucións de instalación en moitos puntos. Tamén teñen pendentes de pago os proxectos do técnico municipal a quen non só non se lle pagou senón que se despediu. Sobre isto a portavoz sentencia "Nós non temos nada que ocultar nin nada do que avergoñarnos, outros non poden dicir o mesmo".
Paula fernández, pídelle a Rey “que faga una exercicio de humildade e recoñeza que se equivocou, que botou fora a un goberno que reduciu a débeda para encabezar outro que nos leva a ruína, en vez de andar latricando”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera